A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este mércores no Salón de Plenos unha nova edición da campaña dos Almorzos Saudables, que arrincará mañá e terá lugar ata finais de abril en todos os colexios de Lugo.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, deu conta este venres do Consello Local de Servizos Sociais, que se celebrou esta mañá no Salón de Plenos, das actuacións levadas a cabo dende a súa área ao longo do ano 2016.
O Concello de Lugo, tras un acordo do Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade, fomenta a importancia de cortar co sexismo no entroido, coa campaña de sensibilización Desenmasca o machismo, que tamén conta cunha vertente infantil.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o Voceiro municipal, Miguel Fernández, e outros membros da Corporación Municipal participaron este mércores na concentración na Praza Maior polas últimas vítimas do terrorismo machista.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reclamou este mércores unha igualdade salarial que elimine a fenda entre as retribucións que perciben as mulleres e os homes pola realización de idéntico traballo, unha diferenza dun 21% en Galicia, é dicir, de máis de 4.700 euros menos.
A Xunta de Goberno celebrada este mércores aprobou as bases xerais polas que se regula a autorización do uso en precario de locais e instalacións das dúas casas de asociacións de interese social do Concello, Clara Campoamor e María Mariño.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer este venres en rolda de prensa que as prazas dos tres aparcadoiros subterráneos públicos serán accesibles e cómodas para as persoas usuarias.
A Xunta de Goberno deste mércores aprobou sacar a contratación o servizo de comida no fogar por un importe de 126.024 euros.
O Concello convida aos máis cativos a ler con catro novas actividades gratuítas postas en marcha co obxectivo de fomentar a lectura entre os nenos e nenas de Lugo.
O Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade avanzou este xoves na organización dos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que este ano celebrarase baixo o lema de Todo por elas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- …
- seguinte ›
- última »