Lara Méndez ensalza la valía del personal sanitario y la importancia de la colaboración institucional en el X Aniversario del Hula

La alcaldesa de Lugo participó esta mañana en los actos de conmemoración de la efeméride junto al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

La regidora destacó “a dedicación e o sentido da vocación das e dos profesionais do Hospital, os eixos que cada día moven a engrenaxe deste gran centro hospitalario e que en dez anos o situaron nos máis altos estándares sanitarios”.

Méndez recordó que el sector sanitario, junto a otros que estuvieron en la primera línea de lucha contra la pandemia, recibirán las Medallas de Oro del Ayuntamiento 2020.

Martes, 04 de mayo de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez ensalza la valía del personal sanitario y la importancia de la colaboración institucional en el X Aniversario del Hula

La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participó hoy en los actos de conmemoración del X aniversario del Hospital Universitario Lucus Augusti.

La regidora, aprovechó su intervención para ensalzar la trayectoria del HULA durante estos diez años como centro sanitario de referencia para toda la provincia de Lugo.

“Nesta década o HULA foi, xunto coa cidadanía, avanzando e adaptándose ao contexto social, ás demandas e ás necesidades que agroman. O que di moito da súa capacidade e das expectativas que todas e todos os lucenses temos postas nel. A cidade e a provincia poden presumir dun hospital con grandes profesionais que o están a situar nos máis altos estándares sanitarios, como o demostran os premios e recoñecementos que recibiu até o momento, o último deles, o Premio Nacional de Medicamento Século XXI á mellor atención hospitalaria”, señaló Lara Méndez.

La alcaldesa hizo referencia también al camino recorrido y no exento de dificultades y condicionantes.

“Foi un traballo conxunto, de todos os sectores da cidade. Do sanitario, porque a súa dedicación e sentido da vocación, son os eixos que cada día moven a engrenaxe deste gran centro hospitalario, pero tamén co tesón do movemento asociativo, principal acicate - coas súas reivindicacións, e todos temos na mente por exemplo, a consecución da hemodinámica 24 horas - de que Lugo vaia gañando servizos e prestacións en prol do ben máis prezado que temos todas as persoas: a saúde dos que máis queremos e a nosa propia”, añadió

“Pasos que se foron dando, logros que se conseguiron tamén co compromiso de todas as administracións - cada unha dende o seu eido de actuación - sumando esforzos nun traballo conxunto e baseado no entendemento, porque só a colaboración permite avanzar ao mundo. Coma a que durante todo este ano – abondou a rexedora -, tráxico pola chegada da Covid, mantivemos coa área sanitaria, dando apoio – cando así se nos solicitou como administración local – na realización de cribados ou no seguimento ás e aos pacientes. E neste caso, quero personificar tamén a nosa gratitude, na figura do xerente, Ramón Ares, por manter aberta, sempre e en todo momento, esa canle informativa e de cooperación”.

Méndez quiso trasladar también “como alcaldesa de Lugo e, polo tanto, en nome de toda a veciñanza, a nosa inmensa gratitude polo labor que nestes últimos meses desenvolvéchedes dende todas as áreas do HULA. A todo o persoal, sanitario e non sanitario, polo inxente e magnífico traballo realizado o que pon de manifesto, a vosa valía. Non cabe dúbida de que estamos a atravesar unha das etapas máis complexas da nosa historia recente, que esixe tamén unha resposta asistencial sen precedentes. Acabamos de vivir unha situación de emerxencia sanitaria de primeiro orde mundial que agora abre paso tamén a outra, non menos preocupante, de crise económica e social”.

“Un escenario cambiante onde, cada día que pasa, persiste a incertidume polo devir que pode trazar a pandemia. Mais nestas circunstancias de loita contra o descoñecido, o papel que leváchedes a cabo e que aínda desempeñades as e os profesionais sanitarios, ao igual que todo o persoal que permite que eses servizos que prestades estean sempre a punto, nos aporta non só confianza senón tamén moitas doses de esperanza”, sostuvo la alcaldesa de Lugo al tiempo que les agradeció su entrega, implicación y sacrificio.

“Porque ese é, sen dúbida, o principal patrimonio deste hospital e da nosa cidade. Sodes o noso orgullo, o orgullo da sanidade pública galega, á que, precisamente por todo o vivido, debemos dotar dos medios suficientes para que a calidade non sexa só unha cuestión do compromiso persoal das e dos traballadores. Un compromiso que cómpre enxalzar, iso si, e que dende o Concello o faremos entregándovos as Medallas de Ouro correspondentes ao 2020”, recordó la regidora.

Méndez recordó que este galardón son la máxima distinción que la institución local puede entregar a la ciudadanía, y que según el propio reglamento indica, debe recaer sólo en personas que tienen atribuidos méritos verdaderamente extraordinarios.

“Medallas coas que pretendemos materializar aqueles aplausos colectivos, para enxalzar e agradecervos o voso labor tantas veces superior á vosa responsabilidade profesional. Por estar na primeira liña de loita contra a pandemia, por protexernos e coidarnos sempre, tamén no peor dos escenarios posibles, por ser o mellor exemplo para as xeracións que nos suceden e por facer do HULA o hospital que hoxe é: GRAZAS!”, concluyó la regidora.

Multimedia

  • Lara Méndez ensalza la valía del personal sanitario y la importancia de la colaboración institucional en el X Aniversario del Hula
  • Lara Méndez ensalza la valía del personal sanitario y la importancia de la colaboración institucional en el X Aniversario del Hula

Noticias relacionadas