La colocación de una caseta de información turística en la plaza Mayor aumenta el número de personas atendidas en un 64%

No mes de xullo, máis de 9.000 persoas recibiron información nos postos turísticos do concello e Maite Ferreiro sinalou “a importancia dunha actuación coordinada en materia turística”

Os datos do último mostran un crecemento no turismo no concello de Lugo do 35% con respecto a 2018

Viernes, 16 de agosto de 2019
Fuente: 
Gabinete de Prensa
A colocación dunha caseta de información turística na praza Maior aumenta o número de persoas atendidas nun 64%

Lugo, 9 de agosto de 2019. Segundo os datos facilitados hoxe pola concelleira Maite Ferreiro, neste mes achegáronse ás oficinas de turismo municipal un total de 9553 persoas dirixíronse a estas dependencias demandando información sobre a cidade. Comparados co mesmo período do ano pasado, os datos revelan un aumento do 64% no número de persoas atendidas, o que segundo a Ferreiro se debe “ao éxito da colocación da caseta de información na Praza Maior”.

Os datos do último trimestre confirman tamén este incremento na demanda de información turística. De maio a xullo deste ano, rexistráronse un total de 17.030 visitas á oficina municipal de turismo, fronte aos 12.552 do ano anterior, o que supón  un aumento do 35%.  O ano 2018 pechouse cun total de 42.631 visitantes, “cifra que agardamos superar este ano”, indicou Maite Ferreiro.

 

Maio - Xullo

Xullo

2018

12552

5817

2019

17030

9553

Diferencia

+35,68%

+64,23%

Segundo Maite Ferreiro, “os datos que publicou a Xunta de Galiza no día de onte non contemplan os datos das oficinas de turismo”. Maite Ferreiro indicou que “debemos de revisar o traballo das institución en materia turística, no caso de Lugo, resulta paradigmático o feito de que existan dúas oficinas de turismo separadas escasos 50 metros na zona da pza do Campo, tendo en conta que a ubicación con máis demanda está a ser a caseta da Praza Maior”. Ferreiro sinalou que “traballaremos co resto de institucións por que entendemos que a actuación en materia turística ten que ser coordinada e efectiva”.

Audio

MAITE FERREIRO turismo | Descargar mp3

 

Noticias relacionadas