Jorge Bustos: “Lugo no puede esperar más. La Xunta tiene que cumplir con su deber en materia de vivienda pública”

El edil de Urbanismo propone habilitar un sistema de alquiler público cómo medida de transición mientras el Gobierno autonómico ejecuta las nuevas viviendas.

El concelleiro puso en valor la colaboración del Gobierno local, que cedió seis parcelas en barrios como Paradai, Montirón o A Piringalla —valoradas en cerca de 4,8 millones de euros— para avanzar en un modelo urbano integrador.

Bustos advierte que “tras 15 años de parálisis, es urgente actuar para garantizar un derecho constitucional que no puede depender de la inacción política, en un momento en el que la demanda de vivienda pública está en máximos históricos”.

Viernes, 09 de mayo de 2025
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Jorge Bustos: “Lugo no puede esperar más. La Xunta tiene que cumplir con su deber en materia de vivienda pública”

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Lugo, Jorge Bustos, instou hoxe á Xunta de Galicia a actuar con responsabilidade fronte ao grave déficit de vivenda pública que arrastra a cidade tras máis de 15 anos sen promocións por parte da administración autonómica. Nun momento no que a demanda está en máximos históricos, o rexedor reclama “solucións inmediatas que permitan avanzar mentres non se executan as novas vivendas anunciadas”.

“A nosa cidade non pode agardar máis. A Xunta ten que cumprir co seu deber en materia de vivenda pública e habilitar, canto antes, un sistema de alugueiro máis amplo e eficaz que dea resposta ás máis de dúas mil persoas rexistradas como demandantes en Lugo”, advertiu Bustos, quen subliñou que garantir o acceso á vivenda “é unha cuestión de xustiza social, especialmente para os colectivos con menor capacidade económica, como a mocidade”.

O edil lembrou que o Goberno local mantivo sempre unha actitude proactiva e colaborativa, como demostra a recente posta á disposición da Xunta de seis parcelas situadas nos barrios de Paradai, Montirón e A Piringalla, valoradas en preto de 4,8 millóns de euros. “Puxemos todos os medios da nosa parte, ofrecendo solo público en distintas zonas para que se avance nun modelo urbano integrador, afastado dos desequilibrios territoriais”, recalcou Bustos, ao tempo que lembrou que “é necesario que o Goberno autonómico faga público un cronograma claro de cómo e cando estarán dispoñibles para a veciñanza esas vivendas”.

Con esta acción, o Concello de Lugo reclama ferramentas reais para traballar a dous tempos: con medidas urxentes que alivien a situación das persoas que agardan por unha vivenda, e con políticas estruturais que permitan ampliar un parque público absolutamente insuficiente. “É necesario ofrecer alternativas xa, mentres se materializan as promocións futuras. Non podemos permitir que a veciñanza siga afogada pola falta de vontade de quen ten a competencia”, apuntou o concelleiro.

Bustos incidiu en que a folla de ruta do Concello pasa por traballar con determinación para que se poña fin á discriminación histórica que Lugo sofre respecto a outras cidades galegas. “Durante case dúas décadas, a Xunta castigou a Lugo coa súa indiferenza, ignorando as necesidades dunha cidade que merece as mesmas oportunidades que o resto”, subliñou.

O edil rematou facendo un chamamento á responsabilidade institucional: “A vivenda digna é un dereito constitucional e non pode depender da especulación nin da inacción política. É hora de pasar dos anuncios aos feitos e dar respostas reais ás necesidades da xente”.

Audio

  • O concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, sobre a vivenda pública en Lugo | Descargar mp3

Multimedia

  • Jorge Bustos: “Lugo no puede esperar más. La Xunta tiene que cumplir con su deber en materia de vivienda pública”

Noticias relacionadas