COMUNICACIÓN URBANÍSTICA DE OBRAS E USOS DO SOLO E SUBSOLO RELACIONADAS CUNHA ACTIVIDADE ECONÓMICA OU PROFESIONAL

Código: 
268
Presentación: 
Presencial
Descarga

Que documentación hai que presentar?

  • Na presentación física a instancia Modelo 268 e na presentación telemática cumplimentar o procedemento Y013.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal.
  • Descrición completa das características técnicas da actuación que pretende realizar, indicando as dimensións, materiais e acabados que se van utilizar.
  • Plano de situación da obra referido á cartografía do planeamento municipal. Poderá ser solicitado á Oficina de Topografía do Servizo Municipal de Enxeñería, indicando a referencia catastral do ben afectado, presencialmente ou na dirección de correo electrónico planosdesituacion@lugo.gal.
  • Esbozo acoutado da actuación que se pretende realizar, con indicación exacta da situación dentro da edificación ou da parcela.
  • Orzamento de execución material detallado da obra, con expresa indicación das medicións.
  • Cando sexa legalmente esixible, aportarase proxecto técnico. A documentación técnica sinalada nos apartados anteriores non será necesaria no caso de xa estar incluída no proxecto ou memoria das obras asinado por facultativo/a competente.
  • A documentación establecida no artigo 24 da Lei 9/13, de 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia:
  1. Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  2. Declaración, de ser o caso subscrita por técnico competente, de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que o local e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico. Esta declaración poderá incluírse no proxecto técnico.
  3. Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  4. Autorización ou declaración ambiental que proceda.
  5. Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos.
  6. No seu caso, certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal.
  • No caso de actuar en representación achegará acreditación da mesma.
  • Fotografías en cor do interior e fachadas do estado actual do local ou edificación na que se intervén.

Concesións administrativas, no caso de que sexan legalmente esixibles ó solicitante.

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Se o interesado neste procedemento é persoa xurídica está obrigada a iniciar o procedemento electrónico Y013, a través da sede electrónica do Concello, cubrindo todos os campos (artigo 16.8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro).
  2. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  3. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.
  4. Cando se realicen diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble presentarase unha única comunicación previa.
  5. Deberá dispoñerse no lugar da obra da comunicación previa co xustificante de tela presentada.