Esta fin de semana arrinca na praza Maior a XXVI edición da Feira do Libro, coincidindo coa festividade das Letras Galegas. Así o anunciou esta mañá a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo; o Delegado da Consellería de Cultura, Xoán Xosé Molina, e o organizador da feira, Antonio Fernández Mayra.
Un total de 10 stands conforman a oferta cultural desta edición que conta cun programa cunha serie de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e tamén talleres.
Novamente, celebrarase un concurso de narración para os cativos e actividades musicais e un recital de poesía, sen esquecer as presentacións de libros.
Como sempre, manteranse os habituais sorteos de lotes de libros e o desconto do 10 por cento no prezo.
A Concelleira lembrou a importancia que teñen actividades como estas para seguir impulsando a lectura tradicional. ”É un dos eventos culturais máis importantes e que achega aos cidadáns á lectura pero tamén é o núcleo de unha amplísima actividade cultural moi potente: que pasa polo teatro, pola música, presentación de escritores...”