O Goberno de Lara Méndez instala bancos intelixentes con wifi e sensores que proporcionan información sobre a calidade ambiental

Os bancos, dotados de módulos fotovoltaicos, permitirán aos cidadáns recargar as bicicletas eléctricas, así como outros dipositivos como teléfonos ou tablets.

“Estarán situados no marco da nova sende verde ciclista de Lugo e o seu uso será moi doado e intuitivo. Actualmente estanse a configurar”, subliñou a rexedora.

Esta iniciativa enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, cofinanciada ao 80% polo FEDER, cuxo obxectivo é mellorar as conexións entre a cidade e o Miño.

Xoves, 28 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez instala bancos intelixentes con wifi e sensores que proporcionan información sobre a calidade ambiental

O Goberno de Lara Méndez segue a avanzar no seu proxecto de smart city coa adquisición de bancos intelixentes dotados con punto de acceso wifi gratuíto e sensores que proporcionan información sobre a calidade ambiental, ofrecendo, ao mesmo tempo, aos cidadáns a posibilidade de recargar bicicletas eléctricas, así como diferentes dispositivos como teléfonos ou tablets.

“Este novo mobiliario urbano estará situado no marco da nova senda verde ciclista de Lugo”, explicou a rexedora, quen subliñou que “a súa instalación comezou o pasado venres e actualmente estanse a configurar para que proximamente poidan entrar en funcionamento e, deste xeito, poñelos a disposición de toda a cidadanía”.

Lara Méndez explicou que “o seu uso será moi doado e intuitivo e contarán, ademais, cunhas instruccións accesibles a través dun código QR en varios idiomas, entre eles o castelán”. Os bancos dispoñen así mesmo dun aparcabicis por cada lateral.

Nestes momentos, xa se atopan instalados catro bancos, diante do instituto Leiras Pulpeiro, na rúa Orquídea; fronte ao Mercadona da Fonte dos Ranchos; na beirarrúa dereita da Rolda do Carmen (en sentido Fonte dos Ranchos); á altura do cruce do Camiño Primitivo (onde se sitúa o paso de peóns intelixente); e na parte alta da rúa Santiago, preto da Rolda da Muralla. Máis adiante, instalarase un quinto no Paseo do Miño, na zona próxima á ponte romana.

Os bancos, dotados con paneis solares, contan con sensores de temperatura, humidade e presión; luz ambiental LED; portos de recarga de dispositivos electrónicos, a través de cable e tamén de forma inalámbrica, entre outras especificacións. Ademais, disporán dun compresor de aire, para o inflado de rodas, e un kit básico de ferramentas para o arranxo de bicicletas.

Multimedia

  • O Goberno de Lara Méndez instala bancos intelixentes con wifi e sensores que proporcionan información sobre a calidade ambiental

Noticias relacionadas