O dispositivo especial de limpeza de Luce Lugo recolleu 10.690 quilos de lixo en Fingoi tras a celebración universitaria da Carballeira

Transición Ecolóxica planificou ao detalle este labor que permite asear esta zona verde nun curto espazo de tempo para evitar repercusións á veciñanza.

O concelleiro Miguel Fernández mostrouse satisfeito pola efectividade do traballos e informou dunha disminución de lixo en relación a pasadas edicións “ froito dunha maior pero insuficiente concienciación da mocidade”.

Xoves, 21 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O dispositivo especial de limpeza  de Luce Lugo recolleu 10.690 quilos de lixo en Fingoi tras a celebración universitaria da Carballeira

O dispositivo especial de limpeza organizado polo do Concello de Lugo con motivo da celebración universitaria A Carballeira recolleu máis de 10.690 quilos de lixo en Fingoi. Unha alta porcentaxe dos residuos, na súa maioría bricks, plásticos e vidros, foron extraídos da zona verde e a súa contorna. “De forma previa á limpeza realizada no día de hoxe, onte, retiráronse todas as papeleiras da Carballeira e a súa contorna, a fin de evitar actos vandálicos, e colocáronse contedores de 800 litros de capacidade para que os asistentes, puidesen depositar neles os residuos xerados e ser logo utilizados para recoller o lixo”, sinalou Miguel Fernández, edil de Transición Ecolóxica. Deste xeito recolléronse 7.380 quilos de vidiro, 1.350 quilos de envases lixeiros, 580 quilos de fracción de resto e 1.380 quilos de residuos recolleitos polas máquinas de limpeza viaria.

“A experiencia das pasada edicións permitunos desenvolver as tarefas de limpeza cunha maior afectividade e antes de comece a actividade matinal neste parque, evitando así que a veciñanza vexase moi afectada.”, indicou o edil, que fai un balance moi positivo do dispositivo. Fernández informou de que a cantidade de residuo é menor que en outras edicións “como consecuencia dunha maior pero insuficiente concienciación da mocidade”. Neste sentido, o edil considera que é necesario que as novas xeracións adapten esta histórica celebración aos estadares actuais de conservación e repecto polo medio ambiente. “É necesario seguir avanzando nesta liña para consolidar a concienciación e acadar unha maior conservación dos nosos espazos públicos”, apuntou o cocelleiro.

O servzio municipal de Limpeza, Luce Lugo, planificou en coordinación cos técnicos este dispositivo especial que permitiu, durante un curto período de horas comprendido entre a madrugada de hoxe e a primeira hora da mañá, de 7 horas a 09.30 horas, asear este espazo presentando especial atención aos puntos de maior concetración de residuos. En primeiro lugar, realizouse unha supervisión a fondo da zona para limpar, detectando aquelas máis sensibles, como son as garderías, beirarrúas, paseos e zonas baixas da Carballeira con aparcadoiro, para que deste xeito minimizar o posible impacto xerado tras a festa na veciñanza da zona e colocaron de novo as papeleirass. Así mesmo, coa finalidade de contribuír á sustentabilidade do servizo, á vez que se realiza a limpeza da Carballeira separouse os residuos adecuadamente en tres fracciones: resto, vidro e envases lixeiros, e, doutra banda, os residuos que retiraban as varredoras.

Neste dispositivo participaron dúas cisternas con baldeo mixto con dous condutores e dous peóns, unha hidro limpadora cun condutor para baldeo de alta presión, dous satélites con dous condutores e tres peóns para a limpeza.  Ademáis as tarefas contaron co traballo detres triciclos eléctricos con tres peonas, una delas equipada con sopladoreléctrico, dous vehículos auxiliares eléctricos equipados con 4 persoas traballadoras equipados con sopladores e material para a limpeza e separación dos residuos, dúas varredoras, unha de 5 metros cúbicos e unha varredora eléctrica de 2 metros cúbicos con dous maquinistas. Tamén realizou labores específicos un furgón eléctrico con equipo de baldeo de alta presión a vapor para a limpeza e desinfección de zonas utilizadas para ouriñar. Todo isto contou coa coordinación de 3 capataces.

Noticias relacionadas