O equipo de Goberno visita o auditorio de Magoi para abordar a súa apertura

“Estamos a definir distintos aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo no que é necesario que varias áreas municipais traballen de forma coordinada”, sinalou a rexedora tras a xuntanza”.

A posta a disposición da veciñanza do novo complexo será posible tras un investimento municipal que supera os 310.000 euros, orzamento dedicado a solucionar os máis de 200 danos e defectos construtivos que presentaba o inmoble cando foi entregado pola xunta.

Pola súa parte, Rubén Arroxo, valorou o traballo que se esta a realizar polas distintas áreas do Concello para lograr que esta dotación entre en funcionamento.

Luns, 04 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O equipo de Goberno visita o auditorio de Magoi para abordar a súa apertura

O equipo de Goberno visitou esta mañá as instalacións do auditorio de Magoi. Esta visita técnica, que estivo precedida dunha reunión de traballo, tivo por obxectivo abordar os pormenores da xestión da nova dotación fronte a súa próxima posta ao dispor da veciñanza. “Trátase dun obxectivo complexo cuxo logro implicou un enorme traballo por parte dos distintos servizos municipais e un considerable investimento municipal para solucionar as máis de 200 deficiencias inventariadas. Superada en gran medida esta fase, estamos a definir distintos aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo na que é necesario que varias áreas municipais traballen de forma coordinada”, sinalou a rexedora tras a xuntanza. Pola súa parte, Rubén Arroxo, valorou o traballo que se esta a realizar  polas distintas áreas do Concello para lograr que esta dotación entre en funcionamento.

A apertura do novo auditorio de Magoi será posible tras un investimento municipal que supera os 310.000 euros. Entre as intervencións realizadas deuse solución tanto ás patoloxías estruturais exteriores como ás interiores que afectaban ao inmoble. Entre elas atopábanse múltiples danos ocasionados por filtracións nas fachadas, estruturas, carpintería, revestimentos interiores e pavimentos, e que veñen derivadas de defectos construtivos e da falta de mantemento, por parte da Xunta de Galicia, desde que finalizou a execución da obra, en 2016, ata que foi entregado á Administración local.

As actuacións comprenderon, así mesmo, a impermeabilización dos respiradeiros e  o desatasco dos sumidoiros, canalóns e baixantes; atallouse a corrosión derivada dos defectos que presentan as xuntas de dilatación e arranxáronse, entre outros, as comportas de saídas de fumes que provocaban pingueiras nos escenarios.

A Consellería non permitiu no seu momento incluír todas estas deficiencias na acta de recepción do auditorio, aínda que o Concello de Lugo remitiunas posteriormente ao Goberno autonómico para que devanditos incumprimentos contractuais e vicios contrutivos constasen de forma oficial fronte a calquera posible reclamación que se poida levar a cabo no futuro por parte da Administración Local.

Multimedia

  • O equipo de Goberno visita o auditorio de Magoi para abordar a súa apertura
  • O equipo de Goberno visita o auditorio de Magoi para abordar a súa apertura

Noticias relacionadas