O Concello reforza o persoal dedicado á lectura dos contadores de auga para ofrecer un servizo máis eficiente

Este departamento contará cun traballador máis para realizar estas tarefas durante seis meses, coa finalidade de poder realizar as lecturas trimestrais dos contadores

Esta medida súmase á instalación dun novo sistema de lectura, co que a entidade local renovará os equipos, dotando ao servizo dunha plataforma informática, no que se inviste 20.500 euros

Martes, 23 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu conta este martes do reforzo de persoal dedicado á lectura dos contadores de auga que acometerá o Concello, para ofrecer un servizo máis eficiente. Deste xeito, intensificará o servizo cun traballador máis, que durante seis meses se suma ao equipo que realiza as lecturas trimestrais. Esta contratación realízase pola acumulación de tarefas que hai neste departamento, tal e como avanzou Núñez.

Xunto con esta medida, o Concello tamén instalará un novo sistema de lectura de contadores de auga para mellorar este servizo, co que se contratará a implantación, asistencia técnica, mantemento e xestión de medición deste sistema. Incluirá tarefas relacionadas coa preparación e descarga das rutas de lectura, co obxectivo de renovar os equipos actuais existentes, así como modernizar este servizo cunha plataforma e unha aplicación informática que integre tanto os traballos de xestión como lectura, actuacións para as que o Concello destina 20.500 euros.

Noticias relacionadas