O Concello pon en marcha un plan de reforzo de limpeza e recollida de lixo ao longo do Arde Lvcvs

Dende o pasado día 6, o Concello está realizando tarefas de limpeza intensiva no centro da cidade seguindo o plan de barrios que o Concello puxo en marcha o pasado marzo

Os colectores do servizo Quita e Pon, reestruturado hai un mes, permanecerán na rúa de xeito permanente ata o domingo. Ademais colocaranse unidades en zonas próximas aos campamentos, bares, restaurantes ou o mercado

Martes, 14 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten en marcha un dispositivo especial de limpeza con motivo da celebración do Arde Lvcvs, que arrincará este xoves ás 18:00 horas, agardando a chegada de máis de 600.000 visitantes. Tal e como deu a coñecer o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, o operativo de limpeza estará formado por uns 25 operarios, entre condutores, peóns e maquinistas, así como por máis de 10 máquinas, tanto de varrido, como baldeadoras e hidrolimpadoras. O varrido manual reforzarase no centro, así como na zona de Ramón Ferreiro. Ademais, prestarase atención ás zonas dos campamentos situados no Carril dos Fornos, Anxo López Pérez, Praza de San Marcos, Praza Maior e o Patio do Seminario, así como a zona do circo romano e ao Parque Rosalía de Castro.

En canto a recollida de residuos, disporase dun camión recolector de garda para a recollida do lixo xerado ao longo da mañá. Tamén se incrementará o servizo de recollida nocturna, prestando servizo no centro camións de carga traseira de gran capacidade, para dar apoio ao recolector de 8m3 actual.

Limpeza intensiva

Dende o pasado día 6, o Concello está realizando tarefas de limpeza intensiva no centro da cidade segundo o plan de limpeza por barrio posto en marcha polo Concello o pasado mes de marzo. Deste xeito, procedeuse ao desbroce de soares, varrido de rúas e bordillos, limpeza de sumidoiros, colectores, mobiliario urbano e pintadas, así como baldeo de rúas, “co obxectivo de amosar a mellor cara da cidade tanto aos nosos veciños como aos visitantes”, asegurou Piñeiro.

Quita e Pon

Os colectores do servizo Quita e Pon, reestruturado hai un mes con 80 novas unidades en 30 sitios, permanecerán na rúa de xeito permanente ata o domingo.  Do mesmo xeito, instalaranse colectores en zonas próximas aos campamentos e ao circo romano, así como á zona de bares, restaurantes ou o mercado. 

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o  plan de reforzo de limpeza e recollida de lixo do Arde Lvcvs|Descargar mp3

Noticias relacionadas