Alumnado do Colexio San Lorenzo e dos IES San Xillao e A Sardiñeira de Coruña coñecen as instalacións do Impulso Verde na Garaballa

O inmoble cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Lara Méndez.

Mércores, 13 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnado do Colexio San Lorenzo e dos IES San Xillao e A Sardiñeira de Coruña coñecen as instalacións do Impulso Verde na Garaballa

O edificio municipal Impulso Verde, promovido polo Goberno de Lara Méndez na Garaballa, recibiu a visita de máis dun centenar de alumnos e alumnas do 1º e 2º  Ciclo superior de FP de Guías, Asistencia e Información Turísticas do IES San Xillao; así como do segundo curso da ESO do Colexio Diocesano San Lorenzo e de cuarto da ESO do IES A Sardiñeira de A Coruña, quenes coñeceron de primeira man estas pioneiras instalacións executadas dentro do programa LIFE Lugo+Biodinámico.

Deste xeito, o Concello continúa a fomentar a utilización da madeira como elemento estrutural na construción, eixo tamén da estratexia de diversificación industrial do municipio, que se sustenta en valores medioambientais e que teñen o seu máximo expoñente neste inmoble, o primeiro edificio público construído con madeira de Galicia e o primeiro de España en contar coa certificación FSC de proxectos, un referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.

O Impulso Verde cumpre, a través das numerosas visitas que recibe, coa súa importante función didáctica como expoñente do modelo de cidade que lidera a alcaldesa Lara Méndez. Un proxecto, clave na educación e na concienciación cidadá para avanzar na configuración de urbes máis fortalecidas ante o cambio climático.

Noticias relacionadas