O Concello oferta, dentro do Tecnoloxíza-T!, 19 cursos con 225 prazas de xuño a setembro

Rosana Rielo presentou a programación, que arrincará o 3 de xuño. As actividades terán lugar nas aulas do Castiñeiros e María Balteira, así como no Edificio de Novas Tecnoloxías

As persoas interesdas xa poden anotarse no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do día do peche de inscrición, que é distinto para cada curso. O acceso a cada curso será por sorteo

Edición de fotografía e vídeo, iniciación á informática, introdución á robótica, aplicacións móbiles, creación de videoxogos e iniciación ao autocad son algunhas das alternativas que propón o Concello

Xoves, 23 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello oferta, dentro do Tecnoloxíza-T!, 19 cursos con 225 prazas de xuño a setembro

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou a programación de cursos gratuítos de novas tecnoloxías, que impartirá o Concello en verán, baixo o nome de Tecnoloxíza-T!. Trátase de 19 cursos, con 225 prazas, que terán lugar na Aula do Castiñeiro e na de María Balteira, así como no Edificio de Novas Tecnoloxías, dende o vindeiro 3 de xuño, e que teñen como finalidade a mellora dos coñecementos no eido das TICs. A maiores, a entidade local continúa ofrecendo titorías tecnolóxicas.

No caso da aula do Castiñeiro, as actividades, maioritariamente, están dirixidas a rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, e no resto, aberto a todas as idades. Así mesmo, na aula do Castiñeiro as actividades serán en xornada de mañá e na de María Balteira e no Edificio de Novas Tecnoloxías, serán ben en quenda de mañá ou de tarde.

Edición de fotografía e vídeo, iniciación á informática, introdución á robótica, aplicacións móbiles, trámites bancarios dende o smartphone, como sacarlle partido ao móbil, comunicarse por Whatsapp, redes sociais no smartphone, aprender a ser instagramamer ou youtuber, creación de videoxogos e iniciación ao autocad son as alternativas que propón o Concello.

Tal e como explicou a edil, o número máximo de alumnos e alumnas é de 10 ou 15, dependendo da actividade formativa, sendo o mínimo de persoas inscritas de 8 no caso de que as prazas ofertadas sexan 15, ou de 6 no caso de 10 prazas. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do día do peche da inscrición, que é distinto para cada curso. O acceso aos cursos será por sorteo, que se celebrará ás 20:30 horas do propio día do peche da inscrición. A lista de persoas admitidas poderá consultarse no propio centro ou a través do Servizo de Información Municipal 010. Será necesario asistir a un 80% das horas pra recibir o diploma. No caso de que a demanda supere amplamente a oferta, a entidade local poderá organizar máis dun curso.

Audio

Multimedia

  • O Concello oferta, dentro do Tecnoloxíza-T!, 19 cursos con 225 prazas de xuño a setembro
  • O Concello oferta, dentro do Tecnoloxíza-T!, 19 cursos con 225 prazas de xuño a setembro

Noticias relacionadas