Xuventude ofrece un curso gratuíto de pesca deportiva no río Miño impartido polo pentacampeón do mundo, David Arcay

Trátase da segunda edición desta iniciativa que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano con gran éxito. Terá lugar nos meses de abril, maio e xuño.

Jorge Bustos: “É unha magnífica ocasión tanto para iniciarse neste deporte como para mellorar a técnica, pois contaremos cun docente de luxo cun palmarés envexable”.

En total haberá 48 prazas dispoñibles, divididas en 4 grupos, dous de iniciación e outros dous de perfeccionamento. As inscricións abrirán este martes 26 en www.lugomasxti.org

Venres, 22 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude ofrece un curso gratuíto de pesca deportiva no río Miño impartido polo pentacampeón do mundo, David Arcay

A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, ofrece nos meses de abril, maio e xuño, un curso gratuíto de pesca deportiva no Río Miño, de cinco horas de duración, totalmente de balde para a mocidade lucense de entre 18 e 38 anos. O curso, enmarcado no programa +XTi, cofinanciado polo Ministerio de Sanidade, a través do Plan Nacional sobre Drogas, estará  impartido por David Arcay, pentacampeón do mundo de pesca.

“Trátase dunha magnífica ocasión tanto para iniciarse neste deporte como para mellorar a técnica e incrementar a habilidade e destrezas coa caña, pois contaremos cun docente de luxo, cun palmarés envexable con cinco campionatos do mundo de pesca no seu haber”, explicou o concelleiro, quen lembrou que “esta actividade se volve a ofertar logo do gran éxito que tivo o ano pasado cando se puxo en marcha por primeira vez, desenvolvéndose nun entorno natural único como é a ribeira do Miño ao seu paso por Lugo ”.

Neste senso, Bustos animou a todas as persoas interesadas a inscribirse a partir deste martes, 26 de marzo, a través da páxina web www.lugomasxti.org. En total haberá 48 prazas dispoñibles que serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada das solicitudes. As persoas participantes non terán que levar ningún equipo, todo o material necesisario, como a caña o carrete ou os cebos, será facilitado na propia actividade.

Haberá 4 grupos, dous de iniciación e outros dous de perfeccionamento, para quenes xa teñan experiencia pescando. Así as datas e horarios serán os seguintes:

  • Grupo 1 (iniciación): sábado, 20 de abril, dás 9 ás 14 h.
  • Grupo 2 (iniciación): sábado, 11 de maio, dás 9 ás 14 h.
  • Grupo 3 (perfeccionamento): sábado, 1 de xuño, dás 9 ás 14 h.
  • Grupo 4 (perfeccionamento): sábado, 1 de xuño, dás 15 ás 20 h.

Cada interesado/a deberá escoller a sesión  que mellor lle vai en función do seu tempo libre e do seu dominio nesta modalidade: o sábado de xuño se reserva para os que xa saben e queren perfeccionar, e os sábados de abril e maio para os principiantes. Só será posible participar nunha única sesión.

Noticias relacionadas