O Concello colabora coa Fundación Breogán na celebración dun amigable benéfico entre o club lucense e o FC Porto no Pavillón Municipal

Lara Méndez, Mauricio Repetto e Salva Arco deron a coñecer hoxe a iniciativa.

Venres, 02 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello colabora coa Fundación Breogán na celebración dun amigable benéfico entre o club lucense e o FC Porto no Pavillón Municipal

O Goberno de Lara Méndez colaborará coa Fundación Breogán na celebración dun amigable benéfico entre o club lucense e o FC Porto no Pavillón Municipal dos Deportes, que terá lugar o xoves 8 de setembro, ás 20:00 horas. Así o avanzou este venres a rexedora local, Lara Méndez, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, e o director da Fundación, Salva Arco.

“Este encontro suporá o primeiro partido do Breo no noso municipio diante da afección celeste antes do inicio da tempada oficial, unha magnífica oportunidade para coñecer ás novas caras do equipo, así como a nova equipación, ao tempo que contribuímos a unha causa noble, pois parte do recadado destinarase a un fin benéfico, a través dunha entidade do programa social da Fundación, que será elexida polos seus membros”, explicou Lara Méndez.

A rexedora apuntou, así mesmo, que “tamén suporá o regreso do Breogán ao Pavillón Municipal, e polo tanto un regreso as orixes do equipo lucense”. As entradas terán un prezo único de 5 euros e poranse á venda dende este mesmo venres, para os menores de cinco anos o acceso será gratuíto. Estarán dipoñibles por anticipado online e presencialmente desde horas antes do encontro en taquilla física.

Noticias relacionadas