Venres, 30 de decembro de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente procederá na tarde de hoxe ao peche dos parques da cidade, logo de que o Centro Integrado de Emerxencias de Galicia informase dun fenómeno meteorolóxico adverso por ventos e choiva que afectará durante esta fin de semana a toda Galicia.
O Tenente de Alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, fai un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten as limitacións decretadas, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade e recomenda, igualmente, non visitar o resto de zonas verdes municipais ata que remita o temporal.