Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente procede esta tarde ao peche dos parques da cidade ante unha alerta por temporal

Medio Ambiente procede esta tarde ao peche dos parques da cidade ante unha alerta por temporal

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Atención cidadá
Venres, 30 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Medio Ambiente procederá na tarde de hoxe ao peche dos parques da cidade, logo de que o Centro Integrado de Emerxencias de Galicia informase dun fenómeno meteorolóxico adverso por ventos e choiva que afectará durante esta fin de semana a toda Galicia.

O Tenente de Alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, fai un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten as limitacións decretadas, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade e recomenda, igualmente, non visitar o resto de zonas verdes municipais ata que remita o temporal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-procede-esta-tarde-ao-peche-dos-parques-da-cidade-ante-unha-alerta-por-temporal