Medio Ambiente continúa mañá a poda do arboredo urbano nas inmediacións do aparcadoiro da Ponte da Estación do Ferrocarril

Os traballos ocasionarán restricións na zona, tanto de circulación como de estacionamento, dende as 8 da mañá que serán debidamente sinalizados.

Martes, 08 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente continúa mañá a poda do arboredo urbano nas inmediacións do aparcadoiro da Ponte da Estación do Ferrocarril

A área de Medio Ambiente continúa desenvolvendo traballos de poda do arboredo urbano. O seu concelleiro, o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, informou que “dentro do plan establecido polo Servizo de Parques e Xardíns, temos previsto acometer o mantemento das árbores que se atopan na parcela municipal limítrofe ao aparcadoiro da Ponte da Estación do Tren”.

Os labores, que se concentrará na xornada de mañá mércores, 9 de marzo, se desenvolverán dende as 8:00 horas e está previsto que finalicen ás 15:00 horas desde mesmo día.

Fernández avanzou que, “para a realización deste cometido, contarase con diversa maquinaría e persoal, e será necesario interferir puntualmente na circulación dos vehículos no carril que se atopa pegado a este soar, mais contaremos coa presenza de axentes da Policía Local, para garantir en todo momento a seguridade do tráfico peonil e rodado”.

Así mesmo, dentro do aparcadoiro, procederase a sinalar con vallas e carteis o espazo no que quedará restrinxido o estacionamento co fin de que os operarios poidan acceder á zona para traballar sen obstáculos dado que se trata de árbores de grandes dimensións.

O Concello pide desculpas á veciñanza polas molestias que se poidan ocasionar incidindo en que “tratarase de rematar os traballos no prazo máis curto posible”, concluíu Miguel Fernández.

Noticias relacionadas