Máis dunha trintena de actuacións musicais, obradoiros e actividades compoñen a programación de tardeos e noiteos do Concello en agosto

A programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que a rexedora impulsou para dinamizar os barrios da cidade e fomentar o consumo en establecementos locais.

Ao mesmo tempo, continúa en marcha, ata o 31 de agosto, a campaña especial de rebaixas que premiará ás persoas que realicen compras nos comercios de Lugo.

Domingo, 31 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis dunha trintena de actuacións musicais, obradoiros e actividades compoñen a programación de tardeos e noiteos do Concello en agosto

Máis dunha trintena de actuacións musicais, obradoiros e actividades para todas as idades compoñen a programación de tardeos e noiteos do Goberno de Lara Méndez para o mes de agosto. Esta programación enmárcase no movemento Localmente Lucense que o executivo municipal puxo en marcha, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, para dinamizar as rúas e os barrios da cidade e impulsar as compras e o consumo no comercio e a hostalería local.

A rexedora lembrou, así mesmo, que paralelamente segue en marcha a campaña especial de rebaixas de verán “coa que dende o Concello queremos premiar a todas e todos os cidadáns que merquen nos establecementos de proximidade da cidade”. Deste xeito, aquelas persoas que preseten un tícket de compra superior a 10 euros, nalgún dos establecementos adheridos a Localmente Lucense, ata o 31 de agosto, participarán no sorteo de máis de 5.000 premios, entre os que se atopan bonos para voos cautivos en globo aerostático ou vales para gastar nos comercios de Lugo, entre outros agasallos.

Os tardeos de agosto terán lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, mentres que os noiteos celebraranse de 21:00 a 23:00 horas. Toda a información sobre as diferentes actividades pode atoparse na páxina web https://localmentelucense.gal/tardeosnoiteos/.

Programación dos tardeos e noiteos do mes de agosto:

LUNS 1

  • TARDEO na Praza Roxa de Fingoi
    Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Mr Fishman
  • NOITEO na Pr. da Soidade
    Actuación musical con Wicked World

MÉRCORES 3

  • TARDEO no Parque Sagrado Corazón
    Funny Photocall e DJ Lanneti Jr.
  • NOITEO na Rúa Divina Pastora
    Actuación musical con Mustélidos

VENRES 5

  • TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
    Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Marcos Peón
  • NOITEO na Fonte dos Ranchos
    Actuación musical con ¿Pero cómo que Señor?

SÁBADO 6

  • NOITEO na Rúa Rafael de Vega
    Actuación musical con GreenBook

LUNS 8

  • TARDEO na Pr. Agro do Rolo
    A Feira no teu barrio e DJ Alex Nite
  • NOITEO na Rúa Isaac Díaz Pardo
    Actuación musical con Camiños do Fado

MÉRCORES 10

  • TARDEO na Fonte dos Ranchos
    Conto Contigo con Capitana Conto e DJ Marcos Peón
  • NOITEO no Cruce As Gándaras
    Actuación musical con Planeta B

VENRES 12

  • TARDEO  na Pr. Augas Férreas
    Xogo de palas: Spiribol Challenge e DJ Kron
  • NOITEO na Pr. Campo Castelo
    Actuación musical con Carta de ajuste

SÁBADO 13

  • NOITEO en A Ponte
    Actuación musical con Rut León y Familia

MARTES 16

  • TARDEO  na Pr. do Camiño Primitivo
    Cirqueando na praza e DJ Fetén!
  • NOITEO na Rúa Divina Pastora
    Actuación musical con Funkombo

MÉRCORES 17

  • TARDEO na Pr. Anxo Fernández Gómez
    Festa e bailes na túa praza e DJ Popy García
  • NOITEO na Fonte dos Ranchos
    Actuación musical con La Disquetera

XOVES 18

  • NOITEO na Rúa Rafael de Vega
    Actuación musical con Wealman

VENRES 19

  • TARDEO na Pr. Viana do Castelo
    Xoguemos cos avós: xogos populares galegos e DJ Lanneti Jr.
  • NOITEO na Pr. Augas Férreas
    Actuación musical a cargo de Muller

LUNS 22

  • TARDEO en A Ponte
    Xogando no Barrio: xogos xigantes interxeracionais e DJ Zé Pequeno
  • NOITEO en Cruce As Gándaras
    Actuación musical con Physical Graffiti

MÉRCORES 24

  • TARDEO na Ronda das Mercedes (esquina Avda. Madrid)
    Funny Photocall e DJ La Sombra del Humo
  • NOITEO na Pr. da Soidade
    Actuación musical con Holy Damn Band

VENRES 26

  • TARDEO na Pr. Agro do Rolo
    Cirqueando na praza e DJ Leivas
  • NOITEO na Rúa Divina Pastora
    Actuación musical con Tango en Xan3iro

SÁBADO 27

  • NOITEO na Praza Augas Férreas
    Mago Rafa

LUNS 29

  • TARDEO na Pr. da Soidade
    Tardeo con maxia, co Mago Roberto Lolo e DJ Fetén!
  • NOITEO en A Ponte
    Actuación musical con Marvin L

MARTES 30

  • TARDEO na Praza Augas Férreas
    Conto Contigo con Capitana Conto e DJ Leivas

MÉRCORES 31

  • TARDEO na Pr. da Milagrosa
    Festival de reciclaxe e DJ Juan Chousa

Noticias relacionadas