Lara Méndez presenta á veciñanza do Sagrado Corazón o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

Para desenvolver a iniciativa, cofinanciada cos fondos europeos da Estratexia Muramiñae, o Concello activará unha nova campaña de participación cidadá.

O contrato foi adxudicado a un centro especial de emprego de iniciativa social, co fin de impulsar a inserción de persoas con discapacidade.

Este plan dará continuidade ao Muramiñae Rehabilita e extenderase ao conxunto dos barrios da cidade, ademáis da zona DUSI.

Mércores, 04 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez presenta á veciñanza do Sagrado Corazón o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, presentou este mércores á veciñanza do Sagrado Corazón o Plan de Embelecemento urbano impulsado polo executivo municipal para acometer pequenos labores de acondicionamento, arranxo e recuperación nos barrios da cidade, a través do centro dun centro especial de emprego de iniciativa social, para o que se activará unha  campaña de participación cidadá.

Lara Méndez lembrou que “o obxectivo desta programación é poder dar unha resposta áxil ás demandas da cidadanía nos distintos barrios co fin, non só de mellorar o ornato da cidade e a súa imaxe, senón tamén de aumentar a vida útil dos elementos que conforman os espazos públicos e aumentar a seguridade das vías, dando continuidade, así, ao traballo que estamos a desenvolver no noso modelo de Lugo sostible”.

Neste senso, a rexedora explicou que “irá acompañado da posta en marcha dunha campaña de participación cidadá con dous obxectivos: que a veciñanza nos faga chegar as súas demandas, pero tamén para que se implique na protección dos espazos que son comúns e que compartimos”. Deste xeito, a de hoxe é a primera das presentacións que se levarán a cabo nos barrios de Lugo no marco da campaña de consluta cidadá.

O Plan de Embelecemento conta cun investimento de 260.000 euros en dous anos. O contrato adxudicouse ao centro especial de emprego e iniciativa social Coregal Parques e Xardíns, xa que outro dos fins que se perseguen é facilitar a inclusión no mercado laboral das persoas con discapacidade.

Distribuirase en dous lotes, un financiado cos fondos europeos DUSI Muramiñae - a través da súa liña vinculada a estimular a creación de emprego e a inserción laboral - e que permitirá o desenvolvemento das accións de mellora nos dez barrios onde actúa esta estratexia municipal, e un segundo lote para os barrios non incluídos na mesma.

Como enviar as propostas?

O Concello habilitará varias vías para que os cidadáns poidan enviar as súas propostas tanto de forma telemática, a través da páxina web www.alcaldialugo.gal ou enviando un WhasApp ao 623 200 872; como de forma presencial, cubrindo unha ficha que se poderá atopar no buzón Dito e feito! instalado na entrada do Concello, ou a través dos ciclistas que percorrerán as rúas da cidade anunciando a campaña.

Muramiñae Rehabilita

O Plan de Embelecemento dá continuidade ao programa de capacitación sociolaboral Muramiñae Rehabilita, co que o Concello de Lugo articulou tres brigadas formadas por 27 traballadores e traballadoras de colectivos vulnerables en situación de desemprego, para realizar obras de mellora na zona que abarca a estratexia DUSI.

Froito deste programa executáronse melloras no Parque Rosalía de Castro, o acondicionamento da contorna do río Miño, o cambio de bolardos da Milagrosa, a peonalización da Rúa Esquecemento, así como arranxos en diversas áreas da capital.

Multimedia

  • Lara Méndez presenta á veciñanza do Sagrado Corazón o Plan de Embelecemento urbano co que se actuará nos barrios da cidade

Noticias relacionadas