Lara Méndez asume a presidencia da Xunta Reitora da UNED de Lugo

A rexedora toma o relevo segundo o sistema de rotación establecido pola entidade, no que a presidencia altérnase cada dous anos entre o Concello e a Deputación

A alcaldesa sinalou que “o gran labor levado a cabo pola entidade permitiu que sexa un referente educativo cunha importante implicación como motor social do municipio”.

Mércores, 19 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asume a presidencia da Xunta Reitora da UNED de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asume dende esta semana a presidencia da Xunta Reitora da UNED de Lugo. Méndez tomou este relevo cumprindo así o sistema de rotación establecido pola entidade, no que a presidencia altérnase cada dous anos entre o Concello e a Deputación provincial.

“Asumir este papel é sen dúbida un motivo de satisfacción e orgullo xa que, ano tras ano, se constata que o camiño da UNED de Lugo continúa con paso firme na nosa comunidade. O gran labor levado a cabo pola entidade nestes 15 anos permitiu que sexa xa todo un referente educativo para Lugo e toda a provincia. Cada curso, a comunidade educativa continúa a medrar e o papel da entidade como motor social aumenta de forma exponencial”, sinalou a rexedora. “As sinerxías creadas pola UNED e a sociedade lucense son un síntoma de fortaleza que aportan unha nova dimensión ao seu papel educativo”, concluíu Méndez.

Noticias relacionadas