Este luns comeza a instalarse a iluminación decorativa da pasarela peonil sobre a N-VI, paso previo á súa entrada en funcionamento

Os traballos, que comezarán o luns e se estenderán durante toda a semana, obrigarán a cortar o ramal en dirección A Coruña e tamén sentido Madrid.

O Concello sinalizará as obras e habilitará desvíos para o tráfico rodado polos dous ramais en horario de 8:30 a 20:00 horas.

Esta nova dotación impulsada polo Goberno de Lara Méndez se enmarca na estratexia Dusi que se financia ao 80% con fondos FEDER e servirá para mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial.

Sábado, 11 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Este luns comeza a instalarse a iluminación decorativa da pasarela peonil sobre a N-VI, paso previo á súa entrada en funcionamento

Este próximo luns comezará a instalarse a iluminación exterior decorativa da pasarela peonil sobre a N-VI, logo de que a funcional xa fora colocada en días pasados, e como paso previo á entrada en funcionamento da nova dotación.

Os traballos, que comezarán o día 13 e se estenderán – segundo a previsión - até o venres, obrigarán a cortar, por quendas, os carrís tanto en dirección A Coruña como en sentido Madrid e o tráfico desviarase polos dous ramais - cara o centro comercial Carrefour e ata a rotonda onde se atopa a gasolineira de Galp (Avda. dos Deportes) - en horario laboral diurno, entre as 08:30 e as 20:00 horas, aínda que estes cortes non serán continuados e a circulación se restablecerá en canto rematen os labores.

Igual que en anteriores ocasións, o Concello, que xa deu conta do aviso á Policía Local e á DXT, indicará as obras coa sinalización oportuna.

Esta nova dotación, que se enmarca na estratexia Dusi Muramiñae e está financiada ao 80% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como obxectivo mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial.

Coa súa creación o goberno de Lara Méndez pretende habilitar un novo itinerario para peóns e bicicletas, favorecendo a continuidade do casco urbano co río Miño, diminuíndo a dependencia do uso do vehículo e incrementando a seguridade e a comodidade das e dos viandantes ao tempo que se atende unha vella demanda da cidadanía lucense.

Multimedia

  • Este luns comeza a instalarse a iluminación decorativa da pasarela peonil sobre a N-VI, paso previo á súa entrada en funcionamento

Noticias relacionadas