Preto de 700 persoas participarán no Corre con Nós-Corre con Elas coa que o Concello fomenta a igualdade no deporte

A proba, que se desenvolverá este sábado, sairá desde o aparcadoiro inferior do Anxo Carro.

Xoves, 16 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Preto de 700 persoas participarán no Corre con Nós-Corre con Elas coa que o Concello fomenta a igualdade no deporte

Este sábado terá lugar a terceira carreira do Corre con Nós, o Corre con Elas, con que o executivo de Lara Méndez quere fomentar a igualdade no deporte. A proba celébrase ao abeiro da celebración do Día Internacional da Muller.

Nesta terceira xornada, a organización estima que participarán preto de 700 atletas de todas as idades. Os participantes sairán dende o mesmo punto de partida, “sen existir criterios discriminatorios de ningún tipo, para lanzar unha mensaxe de trato igualitario”, segundo sostén o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto.

A proba discorrerá polas seguintes zonas,– que permanecerán cortadas durante a tarde do sábado entre as 16.30 horas e as 18.30 horas aproximadamente - :

  • Avenida dos Deportes
  • Acceso á contorna da fábrica da Luz
  • Estrada de Ombreiro
  • Acceso desde a NVI á estrada de Ombreiro
  • Acceso desde a estación elevadora de augas á estrada de Ombreiro
  • Acceso a área recreativa Os Robles
  • Acceso pola Avenida dos Deportes ao Pazo de Feiras
  • Aparcadoiro inferior Estadio Anxo Carro

O Corre con Nós conta con seis carreiras – actualmente hai 1.697 inscritos no circuíto - que aglutinan diferentes percorridos e distancias, con retos para todas as idades “sendo o único circuíto de probas atléticas gratuíto en Galicia”, lembra Repetto.

Horarios:

17:00 h: MINI   (cumplen 5 a 7 anos no 2023) : 340 mt

https://racemapp.com/recorrido/980-corre-con-nos-corre-con-elas-estrada-ombreiro-mini

17:05 h : SUB10 SUB12   (entre 2008 e 2011) : 1.000 mt

https://racemapp.com/recorrido/979-corre-con-nos-corre-con-elas-estrada-ombreiro-sub12sub10

17:15 h : SUB14 SUB16  (entre 2004 e 2007) : 1.700 mt

https://racemapp.com/recorrido/978-corre-con-nos-corre-con-elas-estrada-ombreiro-sub16sub14

17:30 h : ADULTOS ( 2003 e Anteriores): 5.200 mt

https://racemapp.com/recorrido/977-corre-con-nos-corre-con-elas-estrada-ombreiro-adultos

Noticias relacionadas