A concellería de Medio Ambiente iniciou hoxe a recollida dos abetos da campaña Nadalmente Lucense para replantalos

As árbores terán unha nova vida nunha parcela municipal no Ceao.

 
Martes, 10 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Ambiente iniciou hoxe a recollida dos abetos da campaña Nadalmente Lucense para replantalos

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Medio Ambiente dirixida polo tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, iniciou hoxe a recollida dos abetos de Nadal - que se entregaron aos comerciantes adscritos na estratexia Localmente Lucense - co propósito de que “estes poidan continuar a súa vida unha vez que os replantemos, permanecendo baixo os coidados dos xardineiros municipais”, sostivo o concelleiro.

Os operarios da empresa adxudicataria comezaron a percorrer xa os diferentes establecementos onde se entregaron ás arbores para recollelas. Coa súa distribución, o Concello buscou, no marco da campaña Nadalmente Lucense, fomentar o negocio de proximidade nestas datas, facendo os establecementos máis agradables cunha decoración natural e típica do Nadal, seguindo o modelo de cidade verde e sostible no que se está a traballar .

O concelleiro lembrou que se procederá á recollida de abetos naqueles comercios que non desexeron quedarse con eles unha vez pasadas as festas.

Unha vez finalizada a recollida, Medio Ambiente plantará as árbores nunha parcela municipal no Ceao.

Noticias relacionadas