Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 3 ao 5 de novembro/23.

Luns, 06 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Inspección establecementos públicos

Levantouse acta de denuncia por infracción á normativa galega de prohibición de venda de alcol a menores, ao detectar unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo como, nun local do centro histórico, catro mozas pedían bebidas alcohólicas na barra, sendo servidas e entendendo os axentes que as catro eran menores de idade, sendo identificadas e resultando que as súas idades eran entre 15 e 16 anos, manifestando que pediran consumicións cun alto contido en alcol, sendo identificado o responsable e abríndose expediente sancionador para a súa remisión ao órgano competente.

Así mesmo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, realiza inspección nun local de hostalería da avenida das Américas, levantando acta de denuncia por infracción á normativa de Espectáculos Públicos de Galicia por exceder, no exercicio da súa actividade, o límite horario establecido.

Filtros de seguridade viaria

Durante as noites do venres e sábado, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, obtendo o seguinte balance:

  • Na Avenida da Coruña detéctase a circulación irregular dun vehículo, cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • En cálea Poeta Noriega dáse o alto a un vehículo, sendo sometido o seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa San Roque dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza unha taxa de alcol de 0,61 mg/l.,  abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • En Pena do Rei detéctase a circulación irregular dun vehículo, sendo sometido o seu condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Río Ulla detéctase a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0,68 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode a Avenida de Ramón Ferreiro, xa que unha patrulla da PN detectara a circulación neglixente dun vehículo, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Incidencias polo temporal

As patrullas da Policía Local de Lugo atenderon numerosos requirimentos polos efectos do temporal, sendo as máis destacables:

  •  Caída de poste de madeira de telefonía en rúa Illa da Toxa.
  • Caída á rúa Cidade de Vigo de restos de illante do lateral dun inmoble, causando danos a vehículos.
  • Caída na rúa da Bouza de parte da cuberta de panel sándwich dun inmoble, con danos en vehículos.
  • Caída dunha árbore na N-VI.
  • Desprendemento de parte de fachada na rúa Rof Carballo, procedendo ao valado da beirarrúa.
  • Caída dunha árbore na Avenida Duquesa de Lugo, quedando balizado o lugar.
  • Caída dunha árbore sobre tendido eléctrico en Vilar de Cucos (Recimil).
  • Caída dunha árbore sobre un coche en rúa Dúas Chaos. (foto)

Noticias relacionadas