A Concelleira de Cultura participa no xurado do cartel que vai anunciar a Semana de Cine de Autor

Venres, 11 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, participou no xurado que seleccionou hoxe o concurso do cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. O valenciano Martín Flores Sanz é o gañador do Concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá que está dotado con 1.000 euros e unha estatuíña de Sargadelos. 

Ó Certame concorreron sesenta carteis procedentes de distintas cidades españolas, incluídas Lugo e Ourense. Todos eles exporanse coincidindo coa celebración da Semana de Cine.

A entrega de premios terá lugar durante a xornada inaugural da XXXII Semana de Cine, o próximo 27 de setembro.

 

Multimedia

Noticias relacionadas