Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 20 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de velocidade

Por axentes especializados da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, nun dispositivo de control de velocidade realizado na Avenida de Infanta Elena, detectáronse dous vehículos que circulaban por encima de 100 km/h. cando o límite da vía é de 50 km/h.

Concretamente, un dos vehículos foi captado co cinemómetro a 110 km/h e outro vehículo a 101 km/h, abríndose expediente sancionador con multa de 600 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir para cada un dos condutores.

Así mesmo, detectouse na mesma vía un vehículo que circulaba a 88 km/h. sendo sancionado o seu condutor con 400 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

A Policía Local de Lugo continuará realizando controis de velocidade naquelas vías do centro urbano onde se detecta un incremento do número de accidentes de circulación co obxectivo de vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade e concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade á establecida para a vía.

No transcurso destes dispositivos realizáronse controis de alcoholemia e drogas co seguinte resultado:

  • Condutor con signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,55 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • Detectáronse ademais DOUS condutores máis que arroxaron resultado POSITIVO de 0,37 e 0,30 mg/l., respectivamente, abríndose expedientes sancionadores con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Delito contra a seguridade viaria

Na tarde de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo na rúa Camiño Real, comprobando que o seu condutor CARECE de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Axuda humanitaria

Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Curros Enríquez xa que no interior dunha vivenda podería haber unha persoa en estado grave.

Os axentes colaboran cunha dotación de Bombeiros, accedendo ao interior do piso, achando a un home de avanzada idade tirado no chan, cun golpe na cara, produto ao parecer dunha caída, sendo auxiliado por unha dotación sanitaria que se achaba no lugar e trasladado nunha ambulancia ao HULA para a súa atención médica.

Outra patrulla acode á Rolda de Xosé Castiñeira xa que, segundo chamadas ao 092, unha persoa de avanzada idade atópase desorientada, sendo localizada polos axentes, tratándose dunha muller de 91 anos que manifesta que saíra do seu domicilio para ir ao banco e non lembraba como volver á súa casa, sendo auxiliada polos policías, rexeitando asistencia médica polo que é trasladada ao seu domicilio e dando coñecemento aos Servizos Sociais.

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Pascual Veiga xa que unha persoa caera no interior da súa vivenda e non era capaz de levantarse. Unha persoa que a acompañaba, tamén de avanzada idade, permite a entrada dos axentes que observan a unha muller de 85 anos caída no chan, polo que é auxiliada, incorporándoa, rexeitando asistencia médica xa que manifesta que se atopa ben.

Tamén de madrugada, unha patrulla acode a un edificio da Avenida de As Fontiñas xa que, ao parecer, unha persoa atópase mal ao non poder respirar con normalidade. Os axentes auxilian a esta persoa que sufriu un ataque de ansiedade, sendo requirida a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladado a un centro médico para a súa asistencia. 

Noticias relacionadas