Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 12 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

KDD de vehículos

A través das redes sociais tense coñecemento da convocatoria dunha quedada de vehículos, a noite do sábado 9 de marzo, denominada FIRE NIGH, nas inmediacións dun local de hostalería do polígono industrial de As Gándaras, polo que se establece un dispositivo especial no que participan efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, observando como no establecemento colocouse, tanto no interior como no exterior, información  promocionando unha oferta de bebidas alcohólicas, consistente nun “3x2 en copas”, polo que se procede á identificación do responsable, levantándose acta de denuncia por infracción GRAVE á normativa de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, propoñéndose sanción, que no seu grao mínimo podería alcanzar 6.000 euros e no seu grao máximo 15.000 euros.

Así mesmo estaba anunciada unha actuación dun DJ e a concentración de vehículos nun estacionamento anexo, indicando na publicidade do evento que se realizaría unha “proba de son” dos vehículos, solicitando os axentes o correspondente título habilitante para a realización destes actos, manifestando o responsable que carecía de autorización, polo que se prohibiu a súa realización.

Axuda humanitaria

No día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, realizaron dúas intervencións de auxilio a persoas. A primeira levou a cabo na rúa Aquilino Iglesias onde unha patrulla acode a un inmoble, xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio e non era capaz de levantarse, observando a unha muller tendida no chan e boca abaixo, procedendo os axentes para incorporala, manifestando que non tiña lesión algunha, non necesitando asistencia médica, quedando a cargo da súa coidadora.

A segunda intervención realízase en Camiño Real onde unha persoa caeuse no interior da súa vivenda, observando os axentes unha persoa de avanzada idade tendida no chan do dormitorio, procedendo a incorporala e deitándoa na cama, non causándose lesión e rexeitando asistencia médica, ao manifestar que se atopaba ben, quedando ao cargo dun familiar.

Noticias relacionadas