Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 06 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 6 de abril establecéronse diversos filtros de seguridade en vías do centro urbano no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dunha Unidade de Atestados do Corpo e co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados.

Ás 0:43 horas detectouse un vehículo na Rolda da Muralla cuxo condutor presentaba signos de embriaguez sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,65 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Ás 2:20 horas unha patrulla camuflada detecta a circulación dun cuatriciclo que circula en sentido contrario pola rúa Pontevedra ata a rúa Tui onde foi interceptado, observando que o condutor, de 55 anos de idade, presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Ás 5:30 horas detéctase a circulación irregular dun vehículo pola rúa San Roque, sendo interceptado e observando os axentes que o condutor presentaba signos de acharse embrigado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,21 mg/l (case CINCO veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Na rúa Pontevedra un vehículo cuxo condutor ao ser sometido a un test de drogas lanzou un resultado POSITIVO en THC, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo no transcurso destes controis denunciáronse 9 condutores que non facían uso do cinto de seguridade polo que se propuxeron sancións de 200 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución; 1 vehículo coa ITV caducada e outro vehículo que circulaba carecendo de Seguro Obrigatorio de Automóbiles.

Noticias relacionadas