Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 29 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Inspección en establecementos públicos

Sobre as 3:40 horas do día 29 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección nun establecemento da Rúa Nova, levantando acta polas seguintes infraccións detectadas:

  • O establecemento carece das condicións hixiénico-sanitarias marcadas pola Autoridade competente para a asistencia de usuarios, como ausencia de xeles hidroalcohólicos, falta de máscaras nos traballadores, usuarios sen distancia de seguridade, etc
  • Superación do aforo máximo establecido pola normativa de Sanidade pois se comprobou que tiña o triplo do permitido. (non pode superar o 40%)
  • Exercer a actividade fóra do horario máximo permitido
  • Ter instalado debaixo da pantalla de LCD unha barra potenciadora de son. Localizouse unha cabina Dj onde se achaban elementos de reprodución musical tales como mesa de mesturas, etapa de potencia e computadora de computador, tendo o establecemento licencia de “CAFÉ-BAR”, o cal ten prohibida a instalación de equipo reprodutor de música
  • Consumo de tabaco por parte dos clientes no interior. A este respecto levantouse acta contra o responsable por permitir fumar no interior ao amparo da Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo
  • Utilización dun local anexo ao establecemento como terraza sen contar co correspondente título habilitante

Así mesmo levantouse acta por acharse aos clientes do local consumindo na barra cando está totalmente prohibido pola normativa do Goberno da Nación no actual Estado de Alarma.

Por outra banda, sobre as 20:50 horas do día 28 de maio, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron inspección nun establecemento da rúa Luís Seoane onde se detectou que a terraza instalada na beirarrúa obstaculizaba o tránsito de peóns e as mesas non gardaban a distancia sanitaria de seguridade.

Os axentes ordenan a retirada inmediata da terraza o que fai a responsable, quedando de novo a beirarrúa expedita para os peóns. Levántase acta por incumprimento da normativa de Sanidade do Estado ao detectar no interior do establecemento clientes consumindo na barra, o que está totalmente prohibido xa que o consumo dentro do local farase sentado en mesa.

Así mesmo o bar carece de produtos para a limpeza e desinfección de equipamento, mesas, cadeiras, etc. Detéctase que a camareira realiza as súas funcións no establecemento carecendo de contrato de traballo ou outro documento que acredite a relación laboral, procedendo a levantar acta por infracción e a súa remisión á Inspección de Traballo.

Auxilio a cidadáns

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio procederon durante o día 28 e a noite do 29 de maio ao auxilio de cidadáns nos seguintes casos:

  • Ás 11:00 horas acode unha patrulla á rúa Fonte da Bica para auxiliar a unha muller á que se lle pechou o coche por descoido, quedando no seu interior a súa filla de 2 anos. Mentres que un dos axentes queda custodiando e tranquilizando á nena, dándolle sombra co seu corpo, o outro policía traslada urxentemente á nai ao seu domicilio onde recolle unha copia da chave do coche, abrindo a porta do mesmo aos poucos minutos, comprobando que a nena estaba en perfecto estado
  • Ás 14:00 horas un indicativo policial colabora cunha dotación do 061 para trasladar a unha muller que se achaba moi nerviosa e alterada, desde Castelo ao Hula, onde quedou ingresada para a súa avaliación médica
  • Ás 4:00 horas da madrugada do día 29 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que realizaba funcións de vixilancia pola Rolda das Fontiñas, acha a unha muller de avanzada idade sentada diante do portal dun edificio, totalmente desorientada, manifestando aos axentes que está a esperar á apertura dunha perruquería para arranxarse. Os policías pescudan o seu domicilio a onde a trasladan, quedando a cargo do seu fillo

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas