Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 05 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Intervención da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo en accidentes de circulación producidos no centro urbano o 4 de xaneiro de 2021

  • 13:20 horas. Accidente de circulación na Avenida Infanta Elena, á altura da rúa Alexandre Bóveda, onde un turismo atropela nun paso de peóns a unha muller de 77 anos, que é trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario, presuntamente con fractura de boneca. O equipo de Atestados inicia dilixencias policiais.
  • 16:00 horas. Accidente de circulación en Camiño da Roca onde un vehículo, por velocidade inadecuada, sáese da vía nun tramo curvo e precipítase a unha leira próxima. O condutor auséntase do lugar e deixa o vehículo abandonado. Os axentes realizan investigacións localizando ao titular do vehículo o cal identifica ao seu fillo como o condutor, acudindo ás dependencias da Unidade de Atestados, sendo denunciado polas infraccións cometidas e instruíndose dilixencias policiais. (ver fotografías)
  • 19:45 horas. Accidente de circulación na rúa Montirón onde o propietario dun vehículo denuncia que o tiña estacionado e outro vehículo causáralle uns danos na parte posterior. Confecciónase parte de intervención.

 Auxilio a cidadáns

  • Sobre as 19:50 horas do día 4 de xaneiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo na rúa Teatro, observa a unha muller de avanzada idade que caeu na beirarrúa, presentando feridas no nariz e boca. Os axentes auxilian a esta persoa, que estaba a ser atendida por uns viandantes, sendo trasladada por unha ambulancia a un centro sanitario da cidade, logrando contactar cunha das súas fillas á cal se lle informou do feito.
  • Ás 23:00 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode ao Carril dos Loureiros xa que unha persoa se dispoñía a pasar a noite á intemperie. Os axentes, debido ás baixas temperaturas, trasladan a esta persoa a un hostal próximo para que poida pasar a noite.

Ruídos en interior de vivenda particular

Sobre as 4:10 horas do día 5 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Leiras Pulpeiro xa que, segundo denuncia dos veciños, desde unha vivenda proveñen voces e gritería que impiden o descanso.

Os axentes ao chegar ao lugar, unha vez comproban a veracidade das chamadas, identifican ao responsable, o cal manifesta que ten unha reunión familiar e non era consciente das molestias que estaba a producir, sendo requirido para que cesen o que fai ao instante.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas