As asociacións de teatro visitan as obras do Centro cultural do Vello Cárcere

Carmen Basadre acompañou ós representantes dos grupos de teatro de Lugo no percorrido 

Martes, 17 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, amosoulles hoxe as obras de construcción do Centro cultural do Vello Cárcere a representantes das asociacións de teatro de Lugo.

Carmen Basadre acompañou ós representantes dos grupos teatrais da cidade nunha visita para que coñezan as novas instalacións culturais das que vai dispoñer o Concello no centro da cidade e que, entre outros usos, servirán para poñer en escea espectáculos de teatro.

A Concelleira de Cultura, xunto cos arquitectos e a directora da oficina do Plan Urban amosáronlles as obras do Centro cultural do Vello Cárcere a representantes de Achádego, Matapiollos, Palimoco, Hipócrita Teatro, Nova escena, Microefectos dramatúrxicos, Pinchacarneiro e Anade.

As obras de transformación do Vello Cárcere nun Centro cultural é un dos investimentos que está a realizar o Concello con cargo ó Plan Urban, que cofinancia nun 80% a Unión Eurepea a través dos fondos FEDER, e tamén conta con achegas da Deputación provincial e do Concello de Lugo.

Multimedia

Noticias relacionadas