A área de Medio Ambiente reforza con 25.000 exemplares a renovación das flores de tempada dos xardíns públicos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisaron as labores de embelecemento dos espazos verdes da cidade.

Martes, 01 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente reforza con 25.000 exemplares a renovación das flores de tempada dos xardíns públicos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do tenente de alcaldesa e edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, supervisou a campaña anual de renovación das flores de tempada nos xardíns de Lugo, que este ano se reforza con 25.000 exemplares.

A rexedora destacou a relevancia da actuación, “que implica o embelecemento dos espazos verdes co obxectivo de que a veciñanza de Lugo, así como turistas e visitantes atopen coloridos e orixinais tapices florais nas xardineiras e nas áreas reservadas á vexetación”.

Neste sentido, destacou que “son fundamentais estas actuacións no modelo de cidade polo que estamos a apostar, baseado na sustentabilidade, máis amable e próximo ás persoas, para que poidan gozar das contornas naturais e da súa gran riqueza visual á par que patrimonial.

Miguel Fernández informou que “neste redeseño, no que investimos 24.000 euros, aplicaremos un tratamento integral para que as plantacións se produzan nas mellores condicións”.

Os reforzos florais desenvolveranse nos espazos da Avenida das Américas, Fonte dos Ranchos, Praza da Constitución, Praza do Ferrol, Garabolos, Praza Maior, Ronda da Muralla xunto a Porta de San Fernando, Parque Rosalía, Santo Domingo, Montevideo, Castelao, Bispo Aguirre, Bispo Odoario e nas xardineiras instaladas en distintas partes da cidade. Entre as especies que se distribuirán destacan a begonia, coleus, gazania, impatiens, surfinia, petunia, salvia, tagete, osteospermum e calibrachoa, entre outras.

Tal e como sucede co resto de plantacións que se levan a cabo no termo municipal,  Fernández puxo en valor a labor que os xardineiros da empresa encargada do mantemento das zonas verdes fan no deseño dos xardíns públicos para conseguir un maior atractivo visual que capte a atención dos cidadáns. 

Audio

 

Noticias relacionadas