150 persoas participarán na IX Marcha Cicloturista BTT San Froilán

Venres, 26 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A IX Marcha Cicloturista BTT “San Froilán, organizada polo Club Ciclista Correcamiños Lugo en colaboración co Concello de Lugo, terá lugar o vindeiro domingo 28 de setembro.

Os 150 participantes sairán as 9:00 horas dende a Piscina Municipal de Frigsa. A partir das 8:00 os participantes poderán recoller os dorsais.

Os ciclistas percorrerán un circuíto de 42 quilómetros polos montes que rodean a cidade con gran variedade de sendeiros e camiños de gran beleza. Realizarán ademais unha parada de avituallamento na área recreativa dos Lagos de Teixeiro, zona pola que transcurre o percorrido.

Unha vez finalizada a proba, ao redor das 14:30 horas, os asistentes disfrutarán dunha pulpada nunha carpa instalada ao carón da piscina municipal, onde recibirán un recordo pola súa participación na proba e distintos trofeos conmemorativos.

Noticias relacionadas