Lara Méndez visita a los Bomberos que están realizando el curso de ‘riesgo eléctrico y apertura de puertas’

A alcaldesa de Lugo destacou que a formación continua “é unha inversión e permite salvar vidas”.

Ademais dos contidos teóricos e prácticos, están programadas dúas visitas a instalacións en tensión.

Miércoles, 20 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez visita aos Bombeiros que están a realizar o curso de ‘risco eléctrico e apertura de portas’

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou esta mañá aos bombeiros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Excmo. Concello de Lugo (SPEIS) para interesarse polo curso de ‘risco eléctrico e apertura de portas’, con modalidade presencial e desenvolverase en dúas edicións, nesta e a vindeira semana de tres xornadas cada unha.

“Este novo investimento reflicte o compromiso do goberno municipal cos bombeiros, durante os últimos anos incrementamos os recursos económicos destinados a mellorar as condicións de traballo, a seguridade e a capacidade de resposta do Servizo Municipal de Extinción de Incendios con novos vehículos, materiais ou equipos de protección asi como en formación” sinalaba a rexedora.

O curso, integrado no Plan de formación continua do  SPEIS, está destinado a formar aos traballadores nos procedementos de traballo necesarios para as intervencións nas que estean presentes fontes de tensión (Baixa e Alta tensión), así como mellorar as técnicas de apertura de accesos (portas e xanelas).

Ademais dos contidos teóricos e prácticos, están programadas dúas visitas a instalacións en tensión, coa finalidade de coñecer in situ os compoñentes das mesmas e as medidas de seguridade a adoptar segundo a tipoloxía.

O sarxento xefe destacou que “o obxectivo específico desta acción é instruír a bombeiros no manexo do material específico, así como en procedementos e medidas de seguridade en operacións de salvamento”.

A rexedora destacou que a formación continua “é unha inversión e permite salvar vidas”, engadindo que “é importante ter un Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento formado na nosa cidade porque significa máis seguridade para a veciñanza”.

Noticias relacionadas