Actualidad

Por ejemplo, 03-04-2026
Por ejemplo, 03-04-2026
Jueves, 21 de octubre de 2021
O Goberno de Lara Méndez retomará este mes a celebración dos Plenos de xeito presencial

A sesión celebrase segundo o calendario habitual, polo que se convocará o último xoves de outubro, día 28.

 A medida foi adoptada logo de que a Xunta de Galicia anunciase a suspensión, este próximo sábado, do estado de emerxencia sanitaria ante a evolución dos contaxios de coronavirus

 A alcaldesa quere “que se recupere, pouco a pouco, a normalidade e gañarlle espazo ao Covid naqueles aspectos cotiás do funcionamento do Concello que resultan prioritarios para a cidade”.

Miércoles, 20 de octubre de 2021
A área de Medio Ambiente desprazará este venres a Fingoi o dispositivo integral de limpeza dos barrios

A iniciativa, posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez, ten como finalidade centralizar as tarefas de conservación dos espazos públicos nunha mesma contorna para incrementar a súa eficacia.

Os traballos continuarán en posteriores xornadas polo barrio da Milagrosa.

Miércoles, 20 de octubre de 2021
O Concello de Lugo implantará unha plataforma Smart para mellorar a eficiencia da xestión e a prestación dos servizos públicos

A Xunta de Goberno autorizou hoxe o inicio do procedemento da licitación que terá unha repercusión directa sobre conectividade da rede municipal e a súa utilidade para a cidadanía.

A licitación, que dispón dun orzamento base de 322.000 euros suporá, segundo sinalou a alcaldesa, Lara Méndez, “un salto cualitativo na interoperabilidade da Administración local”.

A iniciativa, enmarcada na Estratexia Dusi – Muramiñae, obedece ao impulso dado pola rexedora en prol da modernización tecnolóxica da Institución.

Na sesión desta semana, o Executivo de Lara Méndez concedeu 4 licenzas urbanísticas entre as que figura a autorización á Fundación Amancio Ortega para construír unha residencia de persoas maiores por valor de 8’6 millóns de euros.

Miércoles, 20 de octubre de 2021
Lara Méndez visita aos Bombeiros que están a realizar o curso de ‘risco eléctrico e apertura de portas’

A alcaldesa de Lugo destacou que a formación continua “é unha inversión e permite salvar vidas”.

Ademais dos contidos teóricos e prácticos, están programadas dúas visitas a instalacións en tensión.

Martes, 19 de octubre de 2021
Avilés se interesa por las instalaciones de la Policía Local de Lugo como referente en materia de equipamientos y dotaciones municipales

A rexedora, Lara Méndez, recibiu hoxe no Concello á súa homóloga asturiana, Mariví Monteserín, moi interesada en coñecer as dependencias de San Fiz como modelo para renovar a Xefatura do seu municipio.

Martes, 19 de octubre de 2021
Lara Méndez exalta el valor cultural y de promoción para Lugo de la Exposición Filatélica Nacional que se celebrará del 21 al 24

A alcaldesa lembrou que a cidade “conta cunha fructífera crónica filatélica de selos ordinarios, benéficos e conmemorativos” e anima a cidadanía a acercarse a esta mostra.

Exfilna, que se poderá percorrer en tres escenarios diferentes, recollerá coleccións de 82 participantes, organizadas en máis de 500 marcos expositores e com 80.000 follas de selos.

Martes, 19 de octubre de 2021
El área de Medio Ambiente inicia la poda de la arboleda municipal compuesta por más de 1.600 ejemplares

As tarefas, que se levarán a cabo en máis dunha trintena de vías, se estenderán ata finais de febreiro.

Os traballos consistirán na eliminación das pólas danadas co fin de vixiar a saúde das árbores e controlar que o seu crecemento sexa proporcionado.

O edil de Medio Ambiente solicita a colaboración cidadá para facilitar a execución dos traballos que poderán implicar cortes puntuais dalgún carril de circulación.

Páginas