Lara Méndez exalta el valor cultural y de promoción para Lugo de la Exposición Filatélica Nacional que se celebrará del 21 al 24

A alcaldesa lembrou que a cidade “conta cunha fructífera crónica filatélica de selos ordinarios, benéficos e conmemorativos” e anima a cidadanía a acercarse a esta mostra.

Exfilna, que se poderá percorrer en tres escenarios diferentes, recollerá coleccións de 82 participantes, organizadas en máis de 500 marcos expositores e com 80.000 follas de selos.

Martes, 19 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez exalta el valor cultural y de promoción para Lugo de la Exposición Filatélica Nacional que se celebrará del 21 al 24

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, exaltou hoxe o valor cultural e de promoción para Lugo que suporá que este ano se celebre na cidade a 59ª edición da Exposición Filatélica Nacional (Exfilna 2021), “unha cita de gran valor histórico que se realiza desde 1964 e que supón situar ao municipio no ámbito nacional e internacional dunha actividade, a do coleccionismo de selos, que conta no mundo con 50 millóns de afeccionados, dos case medio millón viven no noso país”.

A rexedora presentou a exposición xunto co presidente da Federación Española de Sociedades Filatélicas, Miguel Ángel García, o director de Filatelia de Correos, Jordi Escruela, e o presidente da Sociedade Filatélica Lucense, Luis Latorre.

Lugo, lembrou Lara Méndez, “conta cunha fructífera crónica filatélica se temos en conta as marcas postais e os selos emitidos para o correo ordinario nas que aparece a nosa cidade e a súa riqueza patrimonial, ademais dos numerosos selos benéficos e conmemorativos que se emitiron con motivo da celebración do bimilenario de Lugo, o 125 aniversario do Círculo de Bellas Artes ou o décimo aniversario da declaración da nosa Muralla como Patrimonio da Humanidade, entre outros moitos”.

A exposición, na que colabora o Concello de Lugo e que se poderá visitar desde o 21 ao 24 de outubro, está repartida en tres escenarios, a praza Santa María, no Salón Rexio do Círculo das Artes e a sala de exposicións da Deputación de Lugo. A alcaldesa animou a todos os e as lucenses a coñecela, porque reunirá coleccións de 82 participantes, organizadas en máis de 500 marcos expositores e sumando 80.000 follas de selos, de todas as clases de competición, “aínda que estamos seguros que esta gran mostra filatélica suporá tamén un reclamo para os miles de afeccionados deste tipo coleccionismo”.

Lara Méndez agradeceu e felicitou o traballo dos organizadores e desexou “unha boa andaina á nova Sociedade Filatélica Lucense, que recolle unha testemuña que xa foi moi beneficioso para a nosa cidade”, ao tempo que incidiu na importancia de colaborar con actos deste tipo que axudan a potenciar a cultura de Lugo, poñer a Lugo novamente no mapa e ofrecer unha alternativa máis na programación e un atractivo para que a xente se achegue á nosa cidade”.

Pola súa banda, Miguel Ángel García, agradeceu a colaboración e facilidades que o Concello realizou en todo momento para levar a cabo esta exposición. Jordi Escruela, director de Filatelia de Correos anunciou que se emitirá unha folla bloque “é dicir, unha estampilla para coleccionistas, dedicada a Lugo e como non á celebración da 59 edición da Exposición Filatélica Nacional”. Un selo realizado cunha calcografía elaborado coa técnica de buril tradicional que recolle un gravado das dúas torres simétricas que coroan a fachada principal da Catedral de Santa María de Lugo.

O Presidente da Sociedade Filatélica Lucense, Luis Latorre. animou a achegarse á cidade estos días para coñecer “ a exhibición sobre esta temática máis importante de España”.

Audio

Noticias relacionadas