- Tema
Martes, 19 de octubre de 2021
Fuente:
Gabinete de Prensa

A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, recibiu este martes no Centro de Empresas e Innovación (CEI Nodus) do Concello de Lugo a alumnos e alumnas do IES Terra de Trasancos, de Narón, que están a cursar o ciclo formativo superior de Administración e Finanzas. Xunto co profesorado, coñeceron as instalacións do vieiro de empresas municipal e participaron nunha charla motivacional e mostra de experiencias emprendedoras da man de María Sánchez e Vanesa Rivas de "Ceniza de Papel” e “Festigaleiros"; e Sonia Varela, locutora profesional, fundadora e CEO de Medianorte.




