Solicitude de axuda para material escolar no segundo ciclo de educación infantil, curso 2023-24

Código: 
352
Presentación: 
Presencial
Descarga

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACHEGAR CON ESTA SOLICITUDE E INFORMACIÓN DE AXUDA

PRAZO DE SOLICITUDE DO 9 AO 29 DE XUÑO DE 2023

  • Copia do dni ou nie da/o solicitante e da/o cónxuxe ou das persoas que representen legalmente ao menor.
  • Copia do libro ou libros de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar
  • Anexo I : cuberto ( marcar con X as casiñas) e asinado pola/o solicitante e pola/o cónxuxe dos autorizando ao Concello de Lugo a solicitar:
    • v  -  Os datos fiscais da certificación do último exercicio fiscal á Axencia Tributaria.
    • v  - Certificación ou informe de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social dos/das proxenitores/as ou titores/as legais,  ou das persoas que representan legalmente á nena ou neno.
    • (De non autorizar a consulta, deberán adxuntar á solicitude a citada documentación.)
    • v  Declaración responsable de cumplir coas bases.
      • Estar ao corrente das obrigas co concello
      • Non ter solicitado nin recibido subvencións para a mesma finalidade
      • Non estar incursa/o en prohibición de ser beneficiaria/o conforme o artigo 13.7 da Lei 38/2003
  • Certificado da situación de monoparentalidade recoñocida pola Comunidade Autónoma de Galicia de ser o caso.
  • Documentación acreditativa  daquelas persoas en situación de divorcio, separación ou nulidade matrimonial (sentenza xudicial e convenio regulador) de ser o caso.
  • Documentación acreditativa dos ingresos daquelas persoas que, convivindo no domicilio estean tuteladas por un dos proxenitores, e documentación acreditativa de tal tutela.
  • Certificado de discapacidade do menor para o que se solicite a axuda de ser o caso.

Información:

  • Aos efectos desta convocatoria, os membros da unidade familiar serán computados de acordo coa Lei 35/2006 da renda das persoas físicas.
  • No caso de custodia compartida, a unidade familiar constará da/o nena/o e os dous proxenitores, e só poderá solicitarse a axuda por un dos proxenitores.
  • No caso de presentar a solicitude en versión dixital, o Anexo I deberá estar asinado igualmente por ambos proxenitores
  • Todas as listas, provisionais e definitivas; así como os requerimentos de subsanación publicaránse no taboleiro dixital do concello https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios

IMPORTANTE: É preciso que os/as solicitantes consulten o taboleiro de anuncios dixital do Concello de Lugo ou que consulten o taboleiro físico situado no 3º andar do Centro Sociocultural Uxío Novoneyra. Este será o único medio de notificación de todo o procedemento. Sairán publicadas 4 listaxes : 1ª- Lista de solicitudes estimadas e desestimadas provisional . Ábrese prazo de dez días para subsnar erros. 2ª- Lista de solicitudes estimadas e desestimadas definitiva. 3ª- Lista de adxudicación das axudas provisional. Ábrese prazo de dez días para reclamacións. 4ª- Lista de adxudicación definitiva.

Unha vez rematado este procedemento establecerase o prazo de recollida de vales nas oficinas de educación do Concello de Lugo, isto será  previsiblemente no mes de setembro.

Directorio