Renovación da inscrición padroal para persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente

Código: 
509
Presentación: 
Presencial
Descarga

As persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente deberán renovar cada dous anos a súa inscrición no Padrón municipal de habitantes.

Quen o pode solicitar?

A persoa interesada maior de 16 anos ou quen a representante legalmente.

Que documentación hai que presentar?

Documentación xenérica

  • Solicitude de renovación da inscrición padroal de persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente
  • Tarxeta de residencia ou pasaporte da persoa interesada
  • No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación

Documentación específica para renovación da inscrición padroal de menores de 16 anos

  • Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia
  • Copia do acordo regulador ou sentencia xudicial, no caso de separación ou divorcio

Onde se presenta?

No Servizo de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00

Cal é o prazo para resolver?

Aproximadamente 1 día.

Canto custa?

Gratuíto.

Onde se tramita?

Sección de Estatística – Concello de Lugo.

Directorio