Declaración do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana

Código: 
310
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

No caso de compravendas, doazóns, cesións, permutas, pactos de mellora ou constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio.

  • Copia simple da escritura que dá lugar á declaración.

No caso de herdanzas

  • Copia da escritura de adquisición dos bens que se herdan.
  • Copia do modelo 650 do imposto sobre sucesións e doazóns presentado por cada herdeiro ou herdeira (anexos relación de bens e de suxeitos pasivos).

Establécese unha bonificación en función do valor catastral do solo na cota do imposto para os descendentes, ascendentes ou cónxuxe do causante aplicable ó inmoble onde estivera empadroado o causante no intre do seu falecemento. A bonificación deberá solicitarse no prazo de 6 meses establecido para a súa presentación.

Valor catastral do solo

Porcentaxe

De 0 a 8.000 €

95%

De 8.000,01 a 16.000 €

50%

De 16.000,01 a 40.000 €

25%

 

 

 

 

 

 

Cando o suxeito pasivo considere que a transmisión deba declararse non suxeita, o fará constar no impreso de declaración, acompañando calquera medio probatorio que acredite fehacentemente tal extremo (escrituras públicas, valoracións oficiais, informes periciais ou calquera outro medio de proba previsto na Lei Xeral Tributaria). "

Prazos de presentación da declaración

  • Actos inter vivos: 30 días hábiles dende a data da escritura pública ou privada que dá lugar á declaración.
  • Actos mortis causa: 6 meses dende a data do falecemento.