Comunicación previa de primeira ocupación dos edificios

Código: 
251
Presentación: 
Presencial
Descarga

Está suxeita a comunicación previa a primeira ocupación das edificacións amparadas en licenza administrativa que requiran proxecto técnico.

As comunicacións previas de primeira ocupación deberán ir acompañadas dun certificado da efectiva e completa finalización das obras, subscritos por técnico competente e visado polo colexio profesional, así como unha declaración do técnico sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza urbanística correspondente.

Sobre as comunicacións previas de primeira ocupación.

A primeira ocupación dos edificios require da comunicación previa.

A comunicación previa da primeira ocupación presentarase para edificios amparados en licenza que requirisen proxecto técnico de edificación con arreglo á normativa xeral de ordenación da edificación, deberá ir acompañada do certificado acreditativo da efectiva e completa finalización das obras, subscritos por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente, así como unha declaración do técnico sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza de obras correspondente, así mesmo, presentarase a documentación completa que se relaciona.

Poderanse comunicar a primeira ocupación parcial por edificios ou portais completos, cando a parte de obra obxeto de licenza cumpra os seguintes requisitos:

  • Que o estado de execución das obras autorizadas permita a súa utilización e ocupación con independencia da parte do edificio ou a construción inacabada.
  • Que a parte para cuxa ocupación ou utilización se solicite licenza, fose executada íntegramente de conformidade co proxecto autorizado e se procede, coas súas modificacións e coas condicións da licenza urbanística outorgada.
  • Que a súa utilización e ocupación e o remate das obras non se interfiran mutuamente de forma grave.
  • Outras que establezan as ordenanzas municipais da edificación, se procede.

Nos supostos indicados anteriormente, o concello poderá esixir mediante acordo motivado que o solicitante constitúa garantía para asegurar a correcta execución das obras restantes.

Cando se debe solicitar?

A comunicación previa de primeira ocupación presentarase para os edificios executados ó amparo de licenza que requira de proxecto de edificación, con arreglo á normativa xeral de ordenación da edificación. A comunicación deberá presentarse previo uso ou utilización das edificacións de nova planta, rehabilitacións, reconstrucións e ampliacións das edificacións existentes, así como cambios de uso substancial das edificacións e os cambios de uso a vivenda de parte dun inmoble.

Quen pode solicitar?

A persoa interesada lexitimada para tal fin.

Qué documentación hai que presentar?

  • Na presentación física a instancia Modelo 251 e na presentación telemática cumplimentar o procedemento Y002.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal.
  • Se actúa mediante representante, deberáse incorporar documento que acredite a representación.
  • Identificación da licenza ou licenzas municipais de edificación, que se outorgaron para a execución das obras cuxa ocupación se comunica.
  • Orzamento final de obra.
  • Certificado final de obra orixinal asinado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Declaración do técnico sobre a conformidade das obras executadas co proxecto autorizado pola licenza de obras correspondente.
  • No caso de variacións non substanciais na obra executada, deberase presentar unha memoria e planos de situación final da obra, nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas, as variacións introducidas, facendo constar a súa compatibilidade coas condicións da licenza.
  • Documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora:
    • Certificado ou boletín de auga, gas, electricidade, calefacción, auga quente sanitaria, ventilación, telecomunicacións, outros servizos comunitarios…, segundo proceda.
    • Certificado de fin de obra como garantía de que a instalación se axusta ao proxecto técnico da infraestrutura de soporte do fogar dixital, se procede.
    • Certificación de eficiencia enerxética de obra terminada, debidamente rexistrado conforme ao Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia (arts. 2, 3 e 4), se procede.
    • Se o abastecemento e o saneamento se resolven por medios individuais deberá presentar a comunicación de resolución do Organismo de Cunca do expediente de recoñecemento do dereito ao uso privativo e inscrición no Rexistro de Augas do pozo, e/ou a resolución do mesmo Organismo da aprobación da Acta do recoñecemento final favorable das instalacións de depuración.
  • Certificación do cumprimento dos requisitos acústicos de conformidade co establecido no Real Decreto 1371/2007, e na aplicación do Decreto 106/2015, sobre contaminación acústica de Galicia, se procede.
  • Certificación emitidia polas empresas subministradoras dos servizos públicos, da axeitada execución das acometidas das redes de subministración.
  • No caso de acometida á rede de subministración de enerxía eléctrica, considerarase documentación xustificativa da súa adecuada execución, a comunicación de CUPS (Código Universal Punto de Subministro) emitido por BEGASA, ou dun recibo da empresa comercializadora, ou dunha certificación emitida pola empresa subministradora.
  • Xustificante da alta do inmoble no Catrastro.
  • Reportaxe fotográfica do edificado xa rematado.
  • De conformidade co establecido no artigo 35 da Ordenanza municipal sobre a conservación, rehabilitación e estado ruinoso das edificacións, terá que achegar a FICHA TÉCNICA DA EDIFICACIÓN, cuberta na parte que lle corresponda.

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Se o interesado neste procedemento é persoa xurídica está obrigada a iniciar o procedemento electrónico Y002, a través da sede electrónica do Concello, cubrindo todos os campos (artigo 16.8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro).
  2. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  3. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da comunicación por incompleta, se non se subsana a falla.

Onde se presenta?

Nos rexistros legalmente habilitados ó efecto.

Cando se presenta?

Terminadas as obras e certificada a súa efectiva e completa finalización polo técnico competente.

Canto custa?

  • Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.

Onde se tramita?

Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Directorio