As xornadas gastro-romanas Ars Magirica comezan o próximo 22 de maio con diferentes tapas en máis de 20 establecementos da cidade

Carmen Basadre destacou que nesta nova edición do Ars Magirica participan hosteleiros da zona de Montero Rios e Rafael de Vega que se están asociando baixo o nome de Muralla Leste

Luns, 18 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería, Cheché Real, e un representante dos hosteleiros da zona de Rafael de Vega, Nicómedes Pastor Díaz, e Montero Rios, Ricardo Vilariño, presentaron unha nova edición das xornadas gastro-romanas Ars Magirica.

Un ano máis, diversos establecementos hostaleiros da cidade ofrecerán tapas con produtos que xa se consumían en época romana e castrexa e coa os cidadáns poidan coñecer as costumes gastronómicas de época antiga. As tapas estarán dispoñibles a partir do venres 22 de maio nos locais do centro, e a partir do 29 de maio nos locais da zona de Rafael de Vega e Montero Rios, e os prezos oscilarán entre 1 e 3 euros.

Carmen Basadre destacou que “estas xornadas gastronómicas son as propias para ir quentando motores de cara o Arde Lucus 2015 ”e agradeceu aos establecementos colaboradores a súa implicación e o traballo que realizan para promocionar a festa. Ademais presentou a unha nova asociación hostaleira que se está creando e que baixo o nome de Muralla Leste aglutinará aos restaurantes e bares da zona de Montero Rios, Rafael de Vega e Nicómedes Pastor Díaz.

Os establecementos que forman parte destas xornadas gastronómicas dentro da especialidade de tapas están o restaurante Antas, Cafeteria Diveca, a Casa María, Mesón A Laxa, Parrillada Fonsagrada, Pasarela, Cervezoteca A Tinería, o Cincuenta e Seis, Os Cachivaches, Restaurante Campos, o Mercado Street Food, A Caseta da Barra, A tu salud, Cafetería El Trópico, Cervecería Central, Cafeteria Gucho´s, Kursal Sports Bar, Parrillada Abel, Parrillada Botafumeiro, Restaurante A Rosada, Restaurante Espolada, e Restaurante Vivero.

Neste sentido, Cheché Real, tamén se referiu a que estas actividades é porque se está movendo a cidade a nivel de hostelería e todos estamos con gañas de participar en todo o que se nos propoña.

+ Info

  • Carmen Basandre na presentación das xornadas | Descargar mp3
  • Folleto das xornadas  gastro-romanas Ars Magirica | Descargar pdf

Multimedia

Noticias relacionadas