Á venda as entradas para a XVIII Mostra de Teatro Clásico, que arrinca o 1 de febreiro con La Comedia de las mentiras

Poden adquirirse en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo ata tres horas antes do comezo de cada función, e no Auditorio Municpal Gustavo Freire o día da función. Os bonos están dispoñibles ata o 30 de xaneiro

O Concello mantén un ano máis o prezo das entradas, 10 euros na zona A e 8 na B, cun desconto do 20% para persoas no paro, menores de 30 anos, pensionistas e integrantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O bono custa 35€ e os monólogos, 5€

Sábado, 20 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Á venda as entradas para a XVIII Mostra de Teatro Clásico, que arrinca o 1 de febreiro con La Comedia de las mentiras

A XVIII Mostra de Teatro Clásico arrincará o xoves, 1 de febreiro con La Comedia de Las Mentiras. A obra de Plauto serve para confeccionar unha divertida historia de enredo, dirixida por Pep Anton Gómez, e que protagonizan actores da talla de Pepón Nieto, María Barranco, Canco Rodríguez, Paco Tous e Angy Fernández. Esta comedia. de gran expectación, sigue as aventuras e desventuras de Hipólita e Leónidas, irmáns dispostos a mentir para poder vivir os seus respectivos amores, incluído o seu estrito pai. Nunha das viaxes de seu pai, onde quedan ao coidado da súa tía, terán lugar distintos acontecementos que deben coñecer as persoas espectadoras.

A programación, toda ela a partir das 20:30 horas, continuará ata o 3 de marzo.

  • 4 de febreiro, no Gustavo Freire: La Judía de Toledo, de Lope de Vega, coa Compañía Nacional de Teatro Clásico en coprodución con Micomicón Teatro e A Priori Gestión Cultural
  •  15 de febreiro, no Gustavo Freire: Helena: Xuízo a unha Lurpia (monólogo), de Miguel del Arco, con Teatro do Atlántico
  • 17 de febreiro, no patio do Vello Cárcere: A Noiva de Don Quixote (monólogo), de José Lus Esteban, con Emedous
  • 18 de febreiro, no Gustavo Freire: Cervantina, versión e direccións sobre textos de Cervantes, a cargo da Compañía Nacional de Teatro Clásico en coproducción con Ron Lalá
  • 24 de febreiro, no Gustavo Freire: El Rufián Dichoso, de Cervantes, con Producciones Teatrales Siglo de Oro, Pentación Espectáculos e Pánico Escénico Producciones
  •  2 de marzo, no Gustavo Freire: O Servidor de dous Amos, a partir do texto de Carlo Goldoni, con Talía Teatro
  • 3 de marzo, no Gustavo Freire: Eco y Narciso, de Calderón de la Barca, con Miseria y Hambre Producciones

A maiores, terá lugar un encontro con Rodrigo Arribas, director da obra El Rufián Dichoso, o 23 de febreiro no auditorio do Vello Cárcere, e dúas intervencións na rúa, ao fondo da Praza Maior, ás 12:00 horas, a cargo de Espazo Artístico 10 e Os Palimoquiños. Interpretarán Quen ocupa esa cadeira? Atopémonos con Shakespeare.

Máis información en www.lugo.gal

Noticias relacionadas