Segunda reunión dos comités de dirección e de xestión e de seguimento do proxecto Lugo+Biodinámico, que favorerá o urbanismo sostible

Entre os diferentes asuntos tratados, deuse luz verde ás normas de funcionamento que rexerán este órganos e avanzouse na definición do proceso de contratación da xerencia do plan e do seu sistema de difusión

Venres, 08 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Segunda reunión dos comités de dirección e de xestión e de seguimento do proxecto Lugo+Biodinámico, que favorerá o urbanismo sostible

Os comités de dirección e de xestión e de seguimento do proxecto Lugo+Biodinámico, o proxecto de 3,5 millóns de euros financiado con fondos europeos Life que conseguiu o Concello de Lugo e grazas ao que desenvolverá nos vindeiros catro anos novidosas iniciativas en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, a nivel económico e ambiental, mantiveron unha xuntanza este venres no Salón de Plenos do Concello. Nesta sesión, incorporouse como membro do Comité de Dirección unha representante da Universidade Politécnica de Madrid, como socio beneficiario do proxecto, que explicou a planificación dun barrio multiecolóxico como modelo de resilencia urbana, facendo fincapé en hortos urbanos e hortos de altura.

Entre os diferentes asuntos tratados, tamén se deu luz verde ás normas de funcionamento que rexerán este órganos e avanzouse na definición do proceso de contratación da xerencia do plan e do seu sistema de difusión.

 Composición dos comités

O comité de dirección de Lugo+Biodinámico está presidido pola Alcaldesa, Lara Méndez, e del forman parte o propio Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e as de Economía, Benestar Social e Cultura, Ana Prieto, Ana González Abelleira e Carmen Basadre, respectivamente, ademais de un representante da Deputación, a USC, a Universidade Politécnica de Madrid, Evislusa e un funcionario que exerce a labor de secretaría. O comité de seguimento está composto por Daniel Piñeiro e igualmente por representantes de Deputación, USC, UPM e Evislusa.

Noticias relacionadas