Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan os traballos de limpeza de cunetas en Castelo

A concellería de Infraestruturas renovará o firme do Camiño Primitivo e 9 viais de Castelo

Alexandre Penas: “o asfaltado comezará unha vez a situación climatolóxica permita desenvolver os traballos coa máxima calidade”

Venres, 15 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan os traballos de limpeza de cunetas en Castelo

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou Castelo xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, onde se está a realizar unha limpeza de cunetas. Alexandre Penas explicou que “este traballo realízase como paso previo ao inicio do asfaltado do Camiño Primitivo e dos viais da contorna”. En total, a concellería de Infraestruturas renovará o firme do Camiño Primitivo e de 9 viais do barrio que, segundo explicou Alexandre Penas, “presentan un estado de deterioro moi avanzado, sendo necesaria unha actuación en profundidade”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consistirá na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. En total investiranse 116.600€ na realización dos traballos. Alexandre Penas informou que “unha vez a situación climatolóxica permita desenvolver os traballos coa máxima calidade, levarase a cabo o asfaltado e a renovación da sinalización viaria”.

“Esta actuación permitirá mellorar a imaxe de Lugo á entrada do camiño primitivo, ao mesmo tempo que mellora a calidade de vida da veciñanza, que a diario se despraza por estas vías”, declarou Alexandre Penas.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre Castelo | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan os traballos de limpeza de cunetas en Castelo

Noticias relacionadas