Renovado o acordo que promove a integración laboral de persoas enfermas mentais a través de prácticas en empresas

Esta mañá asinouse un convenio entre Fundación Mapfre, FEAFES e cinco empresas que prestan servizos no Concello de Lugo para acoller a 16 persoas de prácticas 

Martes, 31 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Renovado o acordo que promove a integración laboral de persoas enfermas mentais a través de prácticas en empresas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Director Territorial de Mapfre Galicia Norte, Juan Pedro Burdiel Balue, e a Delegada en Lugo de FEAFES Galicia, Nuria Fernández, renovaron o proxecto anual de colaboración que permite a realización de prácticas laborais a persoas con enfermidades mentais achegándoas á realidade laboral.

López Orozco sinalou que se sinte satisfeito porque estas persoas poderán achegarse á realidade laboral e incidiu en que “todos somos necesarios e diferentes e que nunca se pode dar por perdido nada”. Ademais lembrou o traballo que realizan moitas asociacións e fundacións e que “na maioría das veces non se da feito dende as administracións”.

Esta renovación do convenio forma parte do programa Juntos somos Capaces da Fundación Mapfre e da que forma parte FEAFES. Con esta iniciativa permitirase que 16 mozos e mozas, oito máis que o ano pasado, con enfermidade mental poidan levar a cabo a formación ocupacional e a inserción laboral a través das prácticas en empresas e nas que realizarán tarefas de limpieza ou de xardinería.

Así, as empresas Calfensa, Clece, Balidea, Lacera e Urbaser adheríronse hoxe ao programa Juntos somos Capaces da Fundación Mapfre e da que forma parte FEAFES. Con esta iniciativa permitirase que ao longo dun mes 16 mozos e mozas con enfermidade mental poidan levar a cabo a formación ocupacional e a inserción laboral a través das prácticas en empresas e nas que realizarán tarefas de limpieza ou de xardinería.

Pola súa parte, o Director Territorial de Mapfre, deu as grazas ao Concello por impulsa este acordo e explicou que en todo Galicia son máis de 150 empresas colaboradoras do proxecto Juntos Somos Capaces que permite a inclusión laboral de persoas con enfermidades mentais.

Tamén, Nuria Fernández, Delegada en Lugo de FEAFES Galicia, agradeceu a posibilidade deste novo convenio xa que “o sector co que traballamos é un dos colectivos que sufren unha maior exclusión do emprego” explicando que “o noso reto é a inclusión social dos enfermos mentais e agradecemos o apoio a empresas que permiten que membros do noso colectivo poidan incorporarse ás prácticas.”

Noticias relacionadas