O San Froilán 2023 contará cun espectáculo con monólogos de coñecidos humoristas

O espazo O San Froilán sorrí  celebra este ano a súa segunda edición coa participación de Danny Boy Rivera, Oswaldo Digón e David Perdomo.

A praza da Mosqueira acollerá o espazo humorístico do San Froilán  o 12 de outubro a partir das 20h.

Mércores, 13 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O San Froilán 2023 contará cun espectáculo con monólogos de coñecidos humoristas

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, confirmou a volta do espectáculo O San Froilán sorrí, un espazo que este ano celebra a súa segunda edición e que achegará á praza da Mosqueira a tres monologuistas galegos referentes a nivel estatal e internacional. Arroxo destacou que “este espectáculo tivo unha gran aceptación o ano pasado, e este ano volverá a un dos mellores espazos da cidade”.

O espazo O San Froilán sorrí terá lugar o día 12 de outubro a partir das 20 horas, e contará coa participación de Danny Boy Rivera, Oswaldo Digón e David Perdomo.

Danny Boy-Rivera, o ferrolán é un dos referentes do stand-up nacional. Domina as claves da improvisación e así o demostra nas súas participacións en programas de Paramount Comedy ou en La Resisitencia.

Oswaldo Digón, o cómico, humorista, actor e guionista de San Román de Cervantes enche teatros por todo o estado e formou parte dos “Nuevos Cómicos” de Paramount Comedy. Na actualidade combina as súas actuacións en salas coa súa xira de teatro.

David Perdomo, o cómico e actor coruñés, habitual na parrilla televisiva da TVG colaborou con Xosé Antonio Touriñán e Roberto Vilar no Land Rober  ou no programa “No le digas a mamá que trabajo en la tele” con Dani Rovira, Goyo Jiménez e Iñaki Urrutia entre outros.

Noticias relacionadas