O Goberno convoca as axudas para o alugueiro de vivendas, duplicando o orzamento dedicado a estas subvencións, un total de 300.0000€

Tal e como se recolle nas bases publicadas no BOP de hoxe, o prazo de presentación de proposicións, é dende este luns, 24 de decembro ao 22 de xaneiro de 2019, ambos os dous incluídos

Venres, 21 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das subvencións para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domiclio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo.

Nesta convocatoria, o Goberno duplica o orzamento dedicado a estas subvencións, chegando a un total de 300.000 euros; dando cumprimento así a un acordo plenario. Faino coa finalidade de facilitarlle o acceso a unha vivenda digan á cidadanía que se atope nunha situación socioeconómica difícil.

Tal e como se recolle nas bases publicadas no BOP, o prazo de presentación de proposicións, é dende este luns, 24 de decembro ao 22 de xaneiro de 2019, ambos os dous incluídos.

Noticias relacionadas