Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno convoca as axudas para o alugueiro de vivendas, duplicando o orzamento dedicado a estas subvencións, un total de 300.0000€

O Goberno convoca as axudas para o alugueiro de vivendas, duplicando o orzamento dedicado a estas subvencións, un total de 300.0000€

Tal e como se recolle nas bases publicadas no BOP de hoxe, o prazo de presentación de proposicións, é dende este luns, 24 de decembro ao 22 de xaneiro de 2019, ambos os dous incluídos

  • Tema
    • Benestar social,
    • Subvencións municipais
Venres, 21 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das subvencións para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domiclio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo.

Nesta convocatoria, o Goberno duplica o orzamento dedicado a estas subvencións, chegando a un total de 300.000 euros; dando cumprimento así a un acordo plenario. Faino coa finalidade de facilitarlle o acceso a unha vivenda digan á cidadanía que se atope nunha situación socioeconómica difícil.

Tal e como se recolle nas bases publicadas no BOP, o prazo de presentación de proposicións, é dende este luns, 24 de decembro ao 22 de xaneiro de 2019, ambos os dous incluídos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-convoca-axudas-para-o-alugueiro-de-vivendas-duplicando-o-orzamento-dedicado-estas